miniatura|250px|Mapa de Beleriand. Beleriand é un lugar ficticio pertencente ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien, e que aparece na súa novela O Silmarillion. Neste libro, cóntase a historia das primeiras idades da Terra Media nun estilo semellante ó dos contos heroicos da literatura nórdica.The New York Times Book Review, The Silmarillion, The World of Tolkien by John Gardner, 23 de outubro de 1977 Era un sub continente situado no oeste da Terra Media durante a Primeira Idade do Sol. Orixinalmente, o nome pertenceu só á área arredor da baía de Balar, pero co tempo o nome aplicouse á rexión enteira.

O nome Beleriand na lingua élfica sindarin tradúcese como ‘grandes terras’ (bele = ‘amplo’, ‘ancho’, ‘grande’; and = ‘terra’). Beleriand tamén aparece no The Book of Lost Tales.

Notas

Categoría:Xeografía de Arda