Mathieu Debuchy, nado o 28 de xullo de 1985 en Fretin, é un futbolista francés. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AS Saint-Étienne.
Traxectoria Club Debuchy comezou a súa carreira no club da súa cidade natal, o Union Sportive Frétin, antes de fichar polo Lille OSC ós oito anos. Tras pasar dez anos na canteira do Lille, foi ascendido ó primeiro equipo antes do parón de inverno da tempada 2003-04. Fixo o seu debut coma profesional e coma titular no primeiro equipo o 30 de xaneiro de 2004 nun partido de liga contra o FC Metz.
O 4 de xaneiro de 2013, Debuchy fichou polo Newcastle United FC inglés, a cambio de 5.5 millóns de libras. Asinou un contrato de 5 anos e medio, ata o verán de 2018. Fixo o seu debut co Newcastle o 12 de xaneiro de 2013 contra o Norwich City.
Selección O 5 de agosto de 2010, Debuchy foi chamado por primeira vez coa selección francesa para disputar un amigable contra a selección noruega o 11 de agosto de 2010. Anotou o seu primeiro gol coa selección o 27 de maio de 2012 contra Islandia.
Foi incluído tamén no equipo da selección francesa para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.
Palmarés Club Lille Ligue 1: 1 2010-11
Copa de Francia: 1 2010-11
Arsenal FA Cup: 1 2014–15
FA Community Shield: 2 2014, 2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no Lille OSC Perfil na web da Ligue 1
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Fretin Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Lille OSC Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores do AS Saint-Étienne Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014