Manuel García Paz, nado en Santiago de Compostela o 26 de maio de 1895 e finado en Pozoblanco (Provincia de Córdoba) en 1990, foi un escritor e latinista e catedrático de instituto galego.
Traxectoria Aínda novo marchou a Vigo onde traballou de aprendiz primeiro en Faro de Vigo e despois na imprenta La Nueva Prensa de Enrique Heraclio Botana. Iniciou a carreira eclesiástica, que abandonou para estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Foi profesor de ensino medio en institutos galegos, casteláns e andaluces. Colaborou en Nova Galiza cun artigo sobre Jacinto Santiago.
Dominaba varias linguas (sánscrito, grego, latín, árabe, alemán, inglés, romanés, italiano, francés...).
Obra Na revista Nós publicou en 1931 a novela O abade Mouriño, cadro rural con intención humorística., 1995.
En 1935 publicou a súa obra máis destacada, IV Melodía. Desfíe de ambente galego,IV Melodía en Galiciana, Biblioteca de Galicia. novela prologada por Jacinto Santiago e destinada a formar parte dunha tetraloxía, permanecendo, porén, os tres volumes restantes inéditos., 1991.
IV melodía é un libro estruturado en tres apartados: "¡A roda, roda! (parvadas)", "A vianesada ou a creación xeórxica (acción épico-folklórica)" e "Casamento de aldeia (cine sonoro)".Gran Enciclopedia Galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas , Armando (26/5/2016). "Ars dedicandi: Manuel García Paz"
Categoría:Latinistas Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria