Gregory Kurtley van der Wiel, nado o 3 de febreiro de 1988 en Ámsterdam, é un futbolista neerlandés. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o Paris Saint-Germain. Ademais, é internacional coa selección de Holanda.

Traxectoria Club Van der Wiel fixo o seu debut coma profesional para o Ajax o 11 de marzo de 2007 na vitoria por 4-1 contra o FC Twente. Na tempada 2007-08, participou na vitoria por 1-0 contra o PSV Eindhoven na disputa da Supercopa dos Países Baixos, conseguindo o primeiro trofeo da súa carreira. Ao remate da tempada 2009-10, gañou o trofeo ó mellor xogador novo do ano.

Selección Van der Wiel xogou o seu primeiro partido coma internacional absoluto o 11 de febreiro de 2009, nun amigable contra Tunisia. Formou parte do equipo da selección holandesa que quedou subcampioa no Mundial de Suráfrica de 2010.

Foi incluído tamén no equipo da selección holandesa para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Palmarés Club AFC Ajax Eredivisie (2): 2010–11, 2011–12 Copa dos Países Baixos (2): 2006–07, 2009–10 Supercopa dos Países Baixos (1): 2007

Paris Saint-Germain Ligue 1 (2): 2012–13, 2013–14 Supercopa de Francia (2): 2013, 2014 Copa da Liga de Francia (1): 2013–14

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web oficial de Gregory van der Wiel Estatísticas en FIFA.com Perfil en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos