Robert Ludlum, nado en Nova York en 1927 e finado en Maples, Florida, en 2001, foi un escritor nortemericano. É autor de 29 novelas de suspense que venderon máis de 210 millóns de exemplares en 32 linguas.
Traxectoria Medrou en Nova Jersey e durante a segunda guerra mundial ingresa nos Marines. Logo do remate da guerra estuda na Universidade de Wesleyan e logo de licenciarse comeza unha carreira de actor de teatro. En 1971 publica a súa primeira novela, The Scarlatti Inheritance, que se converte nun éxito de vendas.
As súas novelas máis coñecidas forman a triloxía de Bourne, e a pesar do éxito comercial das súas novelas, nunca tivo o favor da crítica. Xunto con Gayle Lynds creou a serie Covert-One, que inclúen The Hades Factor, The Paris Option e The Altman Code, protagonizadas por Jon Smith, médico e oficial da armada norteamericana que acepta traballar para unha axencia ultrasecreta chamada Covert-One.
Algunhas das súas novelas leváronse ao cine como The Osterman Weekend, The Holcroft Covenant, Apocalypse Watch, The Bourne Identity e The Bourne Supremacy, as máis famosas foron as da serie Bourne protagonizadas por Matt Damon
Obras The Prometheus Deception (2000) The Matarese Countdown The Apocalypse Watch (1995) The Matlock Paper (1993) The Scorpio Illusion(1993) The Road To Omaha (1992) The Bourne Ultimatum (1990) The Holcroft Covenant (1989) Trevayne (1989) The Icarus Agenda (1988) The Bourne Supremacy (1986) The Aquitaine Progression(1984) The Parsifal Mosaic (1982) The Bourne Identity (1980) The Matarese Circle (1979) The Gemini Contenders (1979) The Chancellor Manuscript (1977) The Road to Gandolfo (1975) The Rhinemann Exchange (1974) The Cry of the Halidon (1974) The Osterman Weekend (1972) The Scarlatti Inheritance (1971)
Ludlum, Robert Ludlum, Robert Categoría:Nados en Nova York