José María Martínez de Velasco Escolar, nado en Madrid o 16 de xuño de 1875 e finado na mesma cidade o 23 de agosto de 1936, foi un avogado e político español.
Exerceu como asesor xurídico do Consello de Estado durante o reinado de Afonso XIII. Foi deputado nas Cortes e líder da Minoría Agraria durante a Segunda República e posterior fundador do Partido Agrario Español en 1934. En varias ocasións foi Ministro, de Agricultura e de Estado, e tamén foi presidente do órgano de goberno provisional do Concello de Madrid (o equivalente a alcalde de Madrid) cando a corporación se disolveu tras a Revolución de Outubro de 1934. Foi asasinado ao comezo da Guerra Civil Española, vítima da represión na zona republicana.
Traxectoria
Primeiros anos Naceu no seo dunha familia acomodada. O seu bastión político, onde celebrou moitas das súas convencións, foi Aranda de Duero, a cidade natal da súa esposa, e onde o seu sogro, Diego Arias de Miranda, un poderoso terratenente exercía de cacique.Castro Berrojo (2006), p. 28 Nesa vila, Martínez de Velasco, mantivo a súa residencia e alí está enterrado.
Durante o reinado de Afonso XIII foi membro do Partido LiberalRomero Salvadó, 2013, p. 207 e apoiou a Canalejas. Foi deputado a Cortes en 1910 polo distrito de Riaza (Segovia) e Mondoñedo (1916-1918 e 1918-1919). En 1918, representou a provincia de Burgos no Senado e subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza.
Segunda República Nas eleccións lexislativas de xuño de 1931, volveu saír deputado, nesta ocasión pola provincia de Burgos (foino de 1931-1933 e tamén de 1933-1936) e formou parte do grupo parlamentar da Minoria Agraria, composto por 26 deputados, dos que 6 eran de Burgos. O vizconde de Eza, declarou sobre eles que "(eran) os eternos caciques que se adaptan ao momento, á opotunidade, ao ambiente, buscando o manda nas respectivas provincias"
Nesas Cortes Constituíntes destacaron, dentro da Minoría Agraria, varias figuras que se converteron nos seus principais líderes: Antonio Royo Villanova, recoñecido pola súa firme oposición ao Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932; José María Cid, tenaz opositor á Lei de Reforma Agraria; e el mesmo, que acabou por presidir o grupo desta minoría,Gil Cuadrado (2006a), p. 120 que se converteu nun combativo baluarte contra as diversas faccións de dereitas non republicanas. O lema común foi: "Relixión, familia e propiedade".
Participou no debate sobre a cuestión relixiosa na Constitución de 1931, opoñéndose á declaración da laicidade do Estado e á disolución das ordes relixiosas e á nacionalización dos seus bens establecida no artigo 24 do proxecto da Comisión Constitucional (artigo 26 na versión final), cuxo propósito, segundo Martínez de Velasco, era "descatolizar España". Tamén se opuxo ao sistema escolar único e laico, ao divorcio porque ía en contra "do concepto que sempre se tivo da familia en España", e tamén á "igualdade absoluta de dereitos para todos os fillos nacidos dentro e fóra do matrimonio, porque imaxinade se fose posible que calquera muller, que tivese o máis mínimo sentido da súa dignidade, tolerase que, despois de aprobada a Constitución, aparecese un día o seu marido, seguido da descendencia que a súa luxuria e infidelidade concibiran, sen que inmediatamente, sen necesidade de máis razoamento, adoptase a resolución de separarse del".Juliá (2009), pp. 445-449 Rematou o seu discurso dicindo:
Partido Agrario Nas eleccións de 1933, foi reelixido como deputado e os agrarios pasaron de 26 a 34Gil Cuadrado (2006a), p. 574 ou, segundo outras fontes a, 36 deputadosCastro Berrojo (2006), p. 29 e, este éxito, levouno a fundar en 1934 o Partido Agrario Español, agrupando a gran parte dos deputados do grupo agrario. Dende entón, condicionou o seu apoio aos gobernos de Lerroux a desfacer moitas das reformas do primeiro bienio: derrogación do decreto de termos municipais, restablecemento dos haberes do clero, paralización do Instituto de Reforma Agraria. Tamén foi nomeado vicepresidente das Cortes Españolas.
Cargos na República En 1934, foi durante uns días presidente da dirección do Concello de Madrid, alcalde de Madrid, tras a destitución de Pedro Rico, como consecuencia da Revolución de Outubro de 1934. Foi ministro sen carteira no goberno de Alejandro Lerroux (4 de outubro de 1934 a 3 de abril de 1935).Urquijo (2008), p. 433 Posteriormente, ocupou o Ministerio de Industria, Comercio e Agricultura con Joaquín Chapaprieta (25 de setembro a 29 de outubro de 1935)Urquijo (2008), pp. 419, 422 e foi ministro de Estado (Asuntos Exteriores) con Chapaprieta (29 de outubro a 14 de decembro de 1935).Urquijo (2008), p. 365
No cume da súa carreira política, o 10 de decembro de 1935, o presidente da República pediulle que formase goberno,Arrarás, 1967, p. 268 pero rexeitou para aceptar a carteira de ministro de Estado no goberno de Manuel Portela Valladares, que se formou o 14 de decembro de 1935 e exerceu ata o 30 de decembro.
Últimos días Cando estalou a Guerra Civil española, foi arrestado por milicianos republicanos e encarcerado na prisión Modelo de Madrid. O 22 de agosto de 1936 foi asasinado por milicianos anarquistas no masacre da prisión Modelo.Preston, 2013, pp. 387-388.
Está enterrado no cemiterio de Aranda de Duero, de onde tiña os seus partidarios máis fieis e de onde era natural a súa esposa, Josefina Arias de Miranda y Berdugo. Era filla de Diego Arias de Miranda y Goytia, quen fora varais veces alcalde de Aranda e ministro da Mariña con Afonso XIII.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Alcaldes de Madrid Categoría:Ministros da Segunda República Española Categoría:Nados en Madrid Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1936