Revolutionary Road é un filme británico-estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou no 2008. Baséase na novela homónima de Richard Yates.
Sinopse Filme ambientado nos anos 50. Frank (Leonardo DiCaprio) e April (Kate Winslet) coñécense nunha festa e axiña se namoran o un do outro. Ela quere ser actriz. El desexa viaxar e fuxir da rutina. Pasan os anos, e a parella transfórmase nun estable matrimonio con dous fillos que vive nos suburbios de Connecticut. Pero a súa vida non é feliz. Ámbolos dous se atopan ante un difícil dilema: ora loitar polos seus soños e ideais de sempre ora conformarse coa gris e mediocre vida que levan.
Personaxes Leonardo DiCaprio como Frank Wheeler Kate Winslet como April Wheeler Kathy Bates como Helen Givings Michael Shannon como John Givings, Jr. Kathryn Hahn como Milly Campbell Dylan Baker como Jack Ordway David Harbour como Shep Campbell Richard Easton como Howard Givings Zoe Kazan como Maureen Grube Jay O. Sanders como Bart Pollock
Galardóns e nomeamentos 2008: 3 Nomeamentos ós Oscar: actor secundario (Michael Shannon), dirección artística e vestiario. 2008: Globos de Ouro: Mellor actriz drama (Kate Winslet). 4 nomeamentos. 2008: 4 Nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor actriz (Kate Winslet) e guión adaptado.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Sam Mendes Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Paramount Vantage Categoría:Filmes de BBC Films Categoría:Filmes ambientados en 1955 Categoría:Filmes rodados en Connecticut Categoría:Filmes sobre o aborto Categoría:Filmes sobre depresión