Gerard "Gerry" Adams (en ), nado en Belfast o 6 de outubro de 1948, é un político republicano e escritor irlandés, presidente do Sinn Féin dende 1983.
Traxectoria Foi deputado abstencionista no Parlamento do Reino Unido, membro do Parlamento de Irlanda do Norte e actualmente ocupa un escano no Dáil Éireann, o parlamento da República de Irlanda. Desempeñou un papel fundamental nas negociacións dos católicos de Irlanda do Norte durante o proceso de paz iniciado a principios dos anos noventa co goberno de Gran Bretaña. É un recoñecido escritor e polemista no seu país.Adams, G. (2000). A rúa e outros relatos. Tradución de Eva Veiga e Ana Gabín, prólogo de Henrique Tello, Baía Edicións.
Obras Falls Memories, 1982 The Politics of Irish Freedom, 1986 A Pathway to Peace, 1988 An Irish Voice Cage Eleven, 1990, Brandon Books. The Street and Other Stories, 1993, Brandon Books. Traducido ao galego por Eva Veiga e Ana Gabín, A rúa e outros relatos, 2000, Baía Edicións. Free Ireland: Towards a Lasting Peace, 1995 Before the Dawn, 1996, Brandon Books. Selected Writings Who Fears to Speak...?, 2001, Beyond the Pale Publications. An Irish Journal, 2001. Hope and History, 2003. A Farther Shore, 2005, Random House. The New Ireland: A Vision For The Future, 2005, Brandon Books. An Irish Eye, 2007, Brandon Books.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Gerry Adams
Categoría:Políticos de Irlanda do Norte Categoría:Nacionalismo irlandés Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Belfast Categoría:Teachtaí Dála Categoría:Membros do IRA Provisional