A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 1 636 exemplares (2022). A raza caldelá ten un temperamento tranquilo e polo tanto é boa para a súa utilización para o traballo. É unha raza típica da provincia de Ourense e o seu nome provén do Castro de Caldelas, concello que é centro xeográfico da raza.

Morfoloxía e datos produtivos Agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos, de cabeza proporcionada con fronte plana e ancha, cornos xeralmente en gancho, pescozo curto, cruz elevada e liña dorsolumbar algo cóncava, peito amplo, tórax profundo e costelares estendidos. As extremidades son finas, con articulacións rectas e nádegas escasamente desenvolvidas. Os tetos son grandes e simétricos. O talle á cruz oscila entre os 125 e os 155 cm e o peso medio é de 500 kg para as femias e de 700 kg para os machos. +MachosFemiasAltura á cruz (cm)132128Peso adulto (kg)650450

Os animais de raza Caldelá teñen un temperamento tranquilo que conduce a unha grande docilidade, e polo tanto, a un bo manexo e a súa consecuente utilización para o traballo. Trátase de animais rústicos, de grande aptitude maternal e temperamento tranquilo, características que conducen a unha grande docilidade e a un excelente manexo.

As canais teñen boa conformación e son moi compactas, proporcionando uns rendementos arredor do 49%. Esta carne presenta uns niveis adecuados de proteína de alta calidade, con elevados contidos de aminoácidos esenciais como treonina, valina, lisina e fenilalanina.

A carne non é excesivamente graxa, pero a súa distribución é adecuada, con valores de graxa intramuscular que superan o 2%. Proporcionándolle previamente unha maduración apropiada obtéñense unhas características organolépticas excelentes, dando lugar a unha carne saborosa, xugosa e tenra.

Usos e sistemas de explotación O uso principal é para produción de carne. Non se trata dunha raza produtora de carne cuantitativamente, senón cualitativamente. Os xatos teñen unha grande calidade natural e poden alcanzar ata os 150 kg/canal ao destete ou, se se comercializan máis tarde, pódense obter rendementos superiores ao 50%.

Explótase habitualmente en sistemas mixtos de estabulación e pastoreo. A alimentación oscila en función da época do ano, que pode ser herba do prado, feo e algunhas raíces subministradas nos períodos de estabulación, así como pastos naturais cando o gando permanece continuamente en extensivo.

Esta raza resulta idónea para explotacións en réxime extensivo, xa que son capaces de facer un bo aproveitamento dos recursos pastables de alta montaña na súa maioría.

Evolución da poboación miniatura|Boi de raza caldelá AnoFemiasMachosTotalGanderías20091 0762981 3745920101 2103051 5155820111 3152721 5875520121 2262341 4605020131 1102091 3195120141 1361681 3044820151 2692091 4785020161 2912291 5205020171 2861661 4524520181 2331711 4044720191 2881761 4644620201 3382251 5634520211 3311861 5174320221 4052211 6363820231499210170942

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da raza caldelá en PDF (Consellería de Medio Rural)

Categoría:Razas de vacas Categoría:Razas autóctonas de Galicia