Ostrobotnia do Sur (en finés Etelä-Pohjanmaa e en sueco Södra Österbotten) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao oeste do país, na provincia histórica de Ostrobotnia e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital e cidade máis poboada é Seinäjoki.
A rexión é a décima máis poboada e máis extensa do país.
Un dos maiores festivais de rock de Finlandia, o Provinssirock, así como o máis antigo festival de tango finés do mundo, o Tangomarkkinat, celébranse na cidade de Seinäjoki.
Xeografía A rexión é a máis cha de Finlandia, en gran parte agrícola. O río máis importante é o Kyrönjoki. Os seus relevos máis significativos están ligados á morena de Suomenselkä, que marca a fronteira sur e leste da rexión.
Ostrobotnia do Sur limita ao norte coa rexión de Ostrobotnia Central, ao leste con Finlandia Central, ao oeste coas de Ostrobotnia e Pirkanmaa, e ao sur coa rexión de Satakunta.
Historia Esta rexión correspóndese á parte meridional densamente poboada da provincia histórica de Ostrobotnia, a continuación, logo da división de 1775 coa provincia de Oulu na franxa sueste do Vaasan Lääni.
A industria tivo na rexión un desenvolvemento marxinal e tardío. A rexión experimentou un importante éxodo rural, mais as terras máis fértiles das provincias orientais que permitían a subsistencia mantiveron unha gran poboación de agricultores ata a actualidade.
Concellos 300px|miniatura|right|Localización dos concellos de Ostrobotnia do Sur. Ostrobotnia do Norte consta de dezasete concellos, dos cales oito son considerados cidades (en letra grosa):
23px Alajärvi 23px Alavus 23px Evijärvi 23px Ilmajoki 23px Isojoki 23px Karijoki 23px Kauhajoki 23px Kauhava 23px Kuortane 23px Kurikka 23px Lappajärvi 23px Lapua 23px Seinäjoki 23px Soini 23px Teuva 23px Vimpeli 23px Ähtäri
Antigos concellos 23px Alahärmä 23px Jalasjärvi 23px Jurva 23px Kortesjärvi 23px Lehtimäki 23px Nurmo 23px Peräseinäjoki 23px Töysä 23px Ylihärmä 23px Ylistaro 23px Municipio rural de Seinäjoki
Subrexións Ostrobotnia do Sur divídese en catro subrexións:
Subrexión de Järviseutu Subrexión de Kuusiokunnat Subrexión de Seinäjoki Subrexión de Suupohja
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Rexións de Finlandia