San Martiño de Vilapoupre é un lugar da parroquia de Vilapoupre no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2011 tiña 25 habitantes (14 homes e 11 mulleres).

Toponimia

esquerda|miniatura|Igrexa parroquial. O topónimo San Martiño de Vilapoupre ten dous elementos: San Martiño é un haxiónimo referido a Martiño de Tours e débese á presenza no lugar da igrexa parroquial, mentres que Vilapoupre procede de , do antropónimo latino Pauper, "pobre". Aparece citado nun diploma de 1321 pertencente á colección do mosteiro de Vilar de Donas como Uilla Paupere.. (2015). “A toponomástica como auxiliar da fonética histórica: algúns exemplos do ámbito galego-portugués”, en Ramón Mariño Paz e Xavier Varela Barreiro (eds.), Lingüística histórica e edición de textos galegos medievais (Anexo 73 de Verba), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, p. 177-190.

Lugares e parroquias Lugares de Vilapoupre

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Lugares de Antas de Ulla Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía