Sir Heitor de Maris ou Ector de Maris é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É medio-irmán de Lanzarote do Lago e fillo do rei Ban de Bénoïc e a Dona de Maris. Sir Bors e Sir Lionel son os seus curmáns.
Heitor participa na busca do Santo Graal, sendo un dos moitos cabaleiros que non acada o seu obxectivo. Cando o romance adúltero de Lanzarote do Lago e a raíña Xenevra é descuberto en Camelot, desátase unha guerra entre aquel e o rei Artur. Sir Heitor de Maris toma parte no bando do seu medio-irmán, sendo un dos seus xenerais. Despois da guerra, exíliase a Francia xunto coa súa familia pero Artur segue a perseguilos aló. Finalmente, Heitor de Maris axuda a derrotar as forzas de Mordred, trala batalla de Camlann.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cabaleiros da Táboa Redonda Rei Artur
Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Mitoloxía celta Categoría:Cabaleiros da Táboa Redonda