Mario Alberto Kempes Chiodi, nado en Bell Ville (Córdoba) o 15 de xullo de 1954, é un exfutbolista e adestrador arxentino. Coñecido como O Matador, xogaba de centrocampista ofensivo ou dianteiro esquerdo.

Foi elixido pola IFFHS como o sexto mellor xogador arxentino do século XX, destacado pola súa zurda potente, facilidade para o gol, velocidade, coraxe e destreza. Foi campión coa selección arxentina do Mundial de Fútbol de 1978, sendo o máximo goleador do torneo.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol nas inferiores de Talleres de Bell Ville. En 1972 pasou a xogar no Instituto Atlético Central Córdoba, que volveu proclamarse campión da Liga Cordobesa despois de seis anos. Gañou tamén o Torneo Nacional en 1973. En 1974 o Rosario Central comprouno por 130 millóns de pesos e foi o máximo goleador da Primeira División da Arxentina en 1974 e 1976.

A mediados de 1976 o Valencia CF cómprao por 30 millóns de pesetas, onde deixou plasmada a súa facilidade para o gol obtendo o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga española en dúas ocasións (76/77 con 24 goles e 77/78 con 28).

Ao medio disto chegou o Mundial de 1978 realizado na Arxentina onde Kempes foi campión coa súa selección, máximo goleador do torneo e máxima figura da competición.

Gañou co equipo valenciano a Copa do Rei en 1979 ao vencer na final ao Real Madrid por 2-0 conseguindo el os dous goles. Tamén conseguiu a Recopa de Europa en 1980 ante o Arsenal na quenda de penaltis, na que, curiosamente, fallou o seu. En decembro do mesmo ano, o Valencia gañaba a Supercopa de Europa ao Nottingham Forest, 2-1 en Nottingham e 1-0 en Valencia. Mario Kempes está considerado como un dos mellores futbolistas na historia do Valencia CF.

Volveu a Arxentina en marzo de 1981, ao River Plate por 300 millóns de pesetas. Co club de Núñez, obtivo o Campionato Nacional de 1981, onde Kempes anotou un decisivo gol na final, xogada ante Ferro Carril Oeste.

Ao non poder o club arxentino cumprir con todos os pagos e unicamente abonar 130 millóns de pesetas regresou ao Valencia CF na tempada 1982/83 onde permaneceu ata a 1984/85. Despois marchou ao Autocares Luz de Valencia, equipo da liga de fútbol sala e tras uns meses ao Hércules CF xogando 2 tempadas, nas cales os seus grandes goles serviron para a permanencia na máxima categoría do fútbol español.

Despois empezou o seu periplo por equipos centro-europeos de escaso nivel como First Vienna, Sankt Polten, Krems, ou outros como Arturo Fernández Viario, equipo da segunda división do fútbol chileno, ou o Petaling Jaya de Indonesia en 1996 antes da súa retirada do fútbol.

Entre 1996 e 2001 adestra a equipos de Indonesia, Albania, Venezuela e Bolivia.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloEquipoPaísAnoCopa do ReiValencia CF España1979Torneo NacionalRiver Plate Arxentina1981

Copas internacionais TítuloEquipoPaísAnoCopa do Mundo de FútbolSelección arxentina1978Recopa de EuropaValencia CF España1980Supercopa de EuropaValencia CF España1980

Distincións individuais DistinciónAnoMáximo goleador da Primeira División Arxentina1974Máximo goleador da Primeira División Arxentina1976Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española 1977 Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española 1978 Bota de Ouro ao máximo goleador da Copa do Mundo de Fútbol 1978 Futbolista suramericano do ano1978Máximo goleador da Recopa de Europa1980Elixido FIFA 100200423º posto no ránking do Mellor xogador suramericano do século XXMellor xogador Suramericano do século XX - IFFHS2006 6º mellor xogador arxentino do século XX pola IFFHS2006

Notas

Categoría:Nados na provincia de Córdoba, Arxentina Categoría:Nados en 1954 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Instituto ACC Categoría:Xogadores do CA Rosario Central Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do First Vienna FC Categoría:Xogadores do SKN St. Pölten Categoría:Xogadores do Kremser SC Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do KS Lushnja Categoría:Adestradores do The Strongest Categoría:Adestradores do Club Blooming Categoría:Adestradores do Club Independiente Petrolero Categoría:Goleadores da Copa do Mundo Categoría:Gañadores do Trofeo Pichichi Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1978