A primeira tempada da serie de televisión One Piece comezou a transmitirse o 20 de outubro do 1999 no Xapón, acabando finalmente o 7 de marzo do 2001, cun total de 61 episodios. Nesta primeira tempada preséntase aos personaxes principais que viaxarán canda Ruffy na procura do One Piece.
Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido. Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro. Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe cara a Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.
En Galicia a serie estreouse na TVG o 30 de xuño do 2008 e o 18 de febreiro de 2012 na tvG2 dobrada ao galego, e rematou o 14 de abril do 2012.
# Título en galegoData de emisión en GaliciaData de emisión no Xapón </onlyinclude>
One Piece 1 Categoría:Anime con versión galega Categoría:One Piece