O emblema de Afganistán é un dos símbolos oficiais do país. No presente o emblema oficial é un tema en disputa entre o goberno de facto do Emirato Islámico de Afganistán e o goberno de jure da República Islámica de Afganistán.

Na versión de 2013 da República Islámica aparece representada unha mesquita (con dúas bandeiras) co minbar (púlpito ó que se accede por unha escaleira) co seu mihrab (sempre orientado cara a Meca) sobre a que se sitúa o takbir (الله أكبر, «Alá é grande», escrito sempre en árabe), un pequeno sol nacente e a shahada (tamén escrita sempre en árabe). Debaixo aparece o ano 1298 do calendario persa (usado en Afganistán, equivalente a 1919 no calendario gregoriano, data na que se proclamou a independencia) e a palabra افغانستان («Afganistán») nunha cinta que entrelaza a coroa de espigas de trigo.

Nas numerosas bandeiras usadas por este país sempre apareceu o emblema (agás baixo os talibáns).

Emblemas históricos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Afganistán

Afganistán Categoría:Símbolos de Afganistán