O McDonnell F3H Demon foi un caza a reacción subsónico, con á en frecha e embarcado da Armada dos Estados Unidos. Despois de varios problemas co motor Westinghouse J40 que foi finalmente descartado, o sucesor do McDonnell F2H Banshee comezou a operar en 1956 redeseñado co motor Allison J71.Angelucci e Bowers 1987, p. 304 Aínda que non tiña potencia suficiente para voos supersónicos, complementou a cazas diúrnos como o Vought F8U Crusader e o Grumman F11F Tiger en condicións todo-tempo, e como interceptador armado con mísiles ata 1964.Elward e Davies 2001, p. 13

Foi retirado antes de que puidese servir na Guerra do Vietnam e foi substituído na clase Forrestal e en portaavións semellantes polo exitoso McDonnell Douglas F-4 Phantom II. O Phantom, que tiña tamén capacidade de ataque a terra, caza e bombardeo, tiña unha certa semellanza, xa que foi concibido como un desenvolvemento avanzado do Demon. O avión supersónico da USAF McDonnell F-101 Voodoo tiña un deseño semellante, pero estaba baseado no anterior XF-88 Voodoo, que tamén influenciou o deseño do Demon.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Angelucci, Enzo e Peter M. Bowers. The American Fighter. Sparkford, Somerset, UK: Haynes Publishing Group, 1987. . Elward, Brad A. e Peter Davies. US Navy F-4 Phantom II MiG Killers 1965–70, Part 1 (Osprey Combat Aircraft). Londres: Osprey Publishing, 2001. .

Categoría:Aeronaves de McDonnell Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1951