Klaus Sperber, coñecido como Klaus Nomi, nado en Immenstadt, Alemaña, en 1944, foi un cantante alemán de ópera e música pop.

Traxectoria A principio da década de 1970 trasladouse a Nova York, onde comezou a relacionarse con artistas do East Village neoiorquino. David Bowie descubriuno en 1978 e axudouno a asinar un contrato con RCA Records en 1980.

Morreu á idade de 39 anos, vítima do sida.

Nomi combinaba ópera e música new wave. As súas montaxes escénicas eran moi elaboradas e nelas prestábase especial atención ó vestiario, ó penteado e á maquillaxe, que remitían á estética das primeira películas de ciencia ficción.

Véxase tamén

Ligazóns externas Klaus Nomi: The Brilliant Performance of a Dying Man, en www.openculture.com Entrevista a Klaus Nomi en NYC 10 O'Clock News, contra 1981 Entrevista a Klaus Nomina televisión francesa, contra 1982

Categoría:Cantantes de Alemaña