é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 18 de abril do 1998.

En galego, estreouse nos cinemas o 25 de xuño do 2004 e saíu á venda en DVD o 3 de novembro do mesmo ano. O 20 de xuño de 2004, Keichi Hara e Hitoshi Mogo, o director e o produtor da longametraxe, estiveron presentes en Santiago de Compostela na preestrea do filme en Galiza.

Sinopse A historia comeza cando unha axente secreta se agocha no barco onde estaban ceando os alumnos da escola Futaba na Baía de Toquio. Os Pezuño de Porco perséguena e levan o barco canda eles, xunto con Shin Chan e os seus amigos a bordo.

A partir de aí Shin Chan, Masao, Nene, Kazama e Boo-chan van con esta axente a todas partes como reféns dos Pezuño de Porco. Ao mesmo tempo, un axente da SML vai ás casas dos nenos recollendo fotos deles para recoñecelos e rescatalos. Pero cando chega á casa dos Nohara, Misae con Himawari e Hiroshi van tras del ata Hong Kong para rescatar ao seu fillo. Ao final o axente acepta a súa compaña e axuda.

Ao final da aventura, todos están na base secreta dos Pezuño de Porco en Siberia. Alí son testemuñas do método que queren usar para dominar o mundo, un virus informático, o Porquiño Pirata. Mentres todos manteñen unha loita cos axentes dos Pezuño de Porco, Shin Chan entretén ao virus mentres o Profesor crea un antídoto para combatelo.

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2004. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Nene Montse Davila Tamao Hayashi Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Himawari Helena Amoedo Satomi Koorogi Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya Porquiño Pirata Óscar Fernández Kaneto Shiozawa Paticurto César Cambeiro Koichi Yamadera Mama Ana Maciñeiras Minori Matsushima Blade Norberto Vilanova Sho Hayami Sexy Girl Isabel Vallejo Kotono Mitsuishi Musculman Gonzalo Faílde Tesho Genda Ánxela Antón Olmos Hiroshi Masuoka Yoshito Usui Manuel Pombal Yoshito Usui Profesor Paco Barreiro Junpei Takiguchi Xefe dos Pezuño de Porco Antón Cancelas Isshin Chiba

Voces adicionais: ▪ Antón Rubal. ▪ Carolina Vázquez. ▪ Manuel Pombal. ▪ Monti Castiñeiras. ▪ Nora Abad.

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é PURENESS (Pureza) interpretada por SHAZNA. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Shin-chan

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Keiichi Hara Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes de 1998 con versión en galego