é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 20 de abril do 2002.
En galego, saíu á venda en DVD o 16 de novembro do 2005, sen ser proxectada nos cinemas. Estreouse en liña o 7 de febreiro de 2025 na plataforma do Xabarín Club.
Sinopse Todo comeza cando Nevado escarva un buraco no xardín. Alí Shin-chan atopa unha carta datada do período Segoku, que se corresponde co ano 1574, cando aconteceron as guerras civís. Unha vez leu o papel, é transportado ata esa época. Alí coñece a un samurai ao que lle salva a vida. Tamén se fai amigo dos devanceiros dos seus amigos Masao, Kazama, Boo-chan e Nene.
Unha vez que desaparece Shin-chan, seus pais empezan a buscar o xeito de viaxaren ao pasado para rescatalo. Cando acadan a maneira e encontran a Shin-chan, tentan volver, pero fracasan. Namentres procuran unha forma de volver ao presente, axudan ao samurai Matabe a impedir a invasión da vila. A guerra comeza.
Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2005. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin-chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Himawari Helena Amoedo Satomi Koorogi Nevado Montse Davila Mari Mashiba Nene Montse Davila Tamao Hayashi Kazama / Kazuma Teresa Santamaría Mari Mashiba Masao / Osama Ana Ouro Mari Mashiba Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Yoshitoshi Matabe Alfonso Valiño Yusaku Yara Ren Kasuga Beatriz García Ai Kobayashi Hitoshi Goemon Miguel López Varela Kenichi Ogata Yasutsuna Kasuga Antón Cancelas Michio Hazama Hayato Paco Barreiro Tesho Genda Osato Ana Maciñeiras Noriko Uemura
Voces adicionais: ▪ Andrés Bellas. ▪ Antón Olmos. ▪ Manolo Pombal. ▪ Xermana Carballido.
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 二中のファンタジー ~体育を休む女の子編~ (A fantasía dos dous – A rapariga coa pel de galiña) interpretada por Hideki Fujisawa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Shin-chan Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Keiichi Hara Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego