Os telonemios ou Telonemia son un grupo de microorganismos eucarióticos unicelulares, xeralmente considerados un filo, pero de clasificación insegura. Son protistas que poden ter grande importancia evolutiva, xa que se suxeriu que poderían ser formas de transición entre as especies heterótrofas ecoloxicamente importantes e as fotosintéticas de cromalveolados.
Nalgunhas publicacións están incluídos no supergrupo SAR. As análises filoxenómicas de 127 xenes sitúan a Telonemia xunto cos Centroheliozoa nun grupo do que tamén forman parte as criptomónadas (ou criptófitas) e as haptófitas chamado Hacrobia.
Aínda que foron estudados principalmente en ambientes mariños, tamén se poden encontrar en augas doces.
Especies Aínda que só foron descritas formalmente dúas especies, as secuencias de ADN recollidas das augas mariñas indican que ten que haber moitas máis especies que non están descritas. As dúas especies coñecidas son:
Telonema antarctica Thomsen 1992 Telonema subtile Griessmann 1913 (sinónimo Telonema subtilis Griessmann, 1913)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Taxonomía, do National Center for Biotechnology Information. Imaxes etc. de iSpecies.org
Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas