miniatura|220px|Posíbel localización do reino de Lyonesse. Lyonesse é un reino mítico que aparece nas lendas da Materia de Bretaña, especialmente nas historias de Tristán e Iseu. Pénsase que facía fronteira con Cornualla e probabelmente tivese algunha relación coas actuais Illas Scilly. Tamén era o fogar de Tristán, cuxo pai era o rei do país.
Segundo tradicións posteriores e algún tempo despois das aventuras de Tristán, Lyonesse remataría por afundir baixo as ondas do mar, tendo un final semellante á cidade de Ys e outras terras perdidas na mitoloxía celta.
Véxase tamén Outros artigos Rei Artur Santo Graal
Categoría:Mitoloxía literaria Categoría:Materia de Bretaña