A Saia foi o voceiro do Colectivo Feminista Independente Galego. Só tivo unha edición. O nº 0 saíu publicado en marzo de 1982 (co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora o 8 de marzo), sendo a primeira revista do movemento feminista organizado en Galicia.

Nel colaboraron personalidades como Carmen Blanco, Margarita Ledo, María Bauçá ou Ana Romaní, e incluía unha entrevista a Ana Liste.

Editouse en Santiago de Compostela, e tiña un prezo de 50 pesetas.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A Saia , número 0. No Álbum de Mulleres A Saia. Publicacións periódicas feministas Consello da Cultura Galega. Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Revistas feministas Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1982 en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas