Feuersnot (en galego, Ansia de lume) Op. 50, é un Singgedicht (poema cantado) ou ópera nun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Ernst von Wolzogen, baseado no artigo de J. Ketel "Das erloschene Feuer zu Audenaerde" na Oudenaarde Gazette, Leipzig, 1843. Tivo a súa estrea na Hofoper de Dresden o 21 de novembro de 1901. Foi a segunda ópera composta por Strauss.
Tematicamente, a ópera tense interpretado como unha parodia da idea de Richard Wagner de "redención a través do amor", co personaxe de Kunrad representando ao propio Strauss.Morten Kristiansen, "Richard Strauss, Die Moderne, and the Concept of Stilkunst." The Musical Quarterly, 86, 689-749 (2002).
Traxectoria A ópera estreouse na Hofoper de Dresden o 21 de novembro de 1901. Gustav Mahler dirixiu a estrea en Viena, que tivo lugar o 29 de xaneiro de 1902 na Hofoper, en presenza do compositor, mais non foi un éxito comercial, a pesar da coidadosa preparación musical de Mahler. En tempos da estrea, os subtextos eróticos e sexuais e a psicoloxía eran perturbadoras para o público, así como o que se percibía como natureza "avanzada" da propia música polos músicos de ideas máis conservadoras.Julie Dorn Morrison, "Mahler, Strauss, and Feuersnot: Emblems of Modernity at the Vienna Court Opera". The Opera Quarterly, 15, 377-389 (1999).
Dende a época de Strauss a ópera case non se puxo en escena ou se interpretou, na actualidade case non se representa e non aparece entre as óperas representadas no período 2005-10 nas estatísticas de Operabase.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 21 de novembro de 1901(Director: Ernst von Schuch)Schweiker von Gundelfingen, o alguaciltenor baixoFranz PetterOrtolf Sentlinger, o alcaldebaixoFranz NebuschkaDiemut, súa fillasoprano altaAnnie KrullElsbeth, a súa amigamezzosopranoFrl. LautenbacherWigelis, a súa amigacontralto graveIrene von ChavanneMargret, a súa amigasoprano altaMinnie NastKunrad, o alquimistabarítono altoKarl ScheidemantelJörg Pöschel, o Leitgebbaixo profundoErnst WachterHämmerlein, o camiseirobarítonoJosef HöpflKofel, o ferreirobaixoFriedrich PlaschkeKunz Gilgenstock, o panadeiro e cervexeirobaixoHans GeißlerOrtlieb Tulbeck, o toneleirotenor altoAnton ErlUrsula, súa donacontraltoFranziska SchäferRuger Asbeck, o oleirotenorTheodor KruisWalpurg, súa donasoprano altaGisela StaudiglCidadáns, mulleres, nenos, criados
Argumento Place: Medieval Munich Time: Midsummer Night
A ópera ten lugar durante unha noite de verán no München medieval. Durante o Midsummer festival, os amantes xuran fidelidade ao saltar as lapas dunha cachela (coñecida tradicionalmente en Alemaña como Johannisfeuer). Un bruxo, Kunrad, aparece na cidade, e a súa presenza perturba a xente. Kunrad séntese atraído por Diemut, a filla do alcalde e bícaa en público. Ela rexéitao coa promesa de levalo á súa habitación nun cesto, mais logo o deixa pendurando a media altura. En represalia, el apaga tódalas cachelas da festa e denuncia a xente como os filisteos. O único xeito de restaurar os lumes é a través do "corpo dunha virxe na calor", o que sorprende a poboación. A xente persuade a Diemut para que ceda ante Kunrad, ela faino e logo ten a súa primeira experiencia sexual (representada na orquestra), cunha luz brillando na súa habitación, o lume volve.
Gravacións AnoElenco (Diemut, Kunrad)Director,Teatro de ópera e orquestraSelo Gravacións de Feuerenot en operadis-opera-discography.org.uk 1958Maud Cunitz,Marcel CordesRudolf KempeBavarian State Opera Orquestra e Coro(Gravación en directo) Orfeo D'OrCat: 423962 George Jellinek,9 "Feuersnot (1901)" The Opera Quarterly, 15, 464-465, 1999 (Revisión da gravación)1984Bernd Weikl,Julia Varady Heinz FrickeOrquestra da Radio de München co Coro de Nenos de Tölzer e o Coro da Radio de BavieraCD de son: Arts MusicCat:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
Ligazóns externas Amadeus Almanac Redución para piano, partitura completa
Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1901 Categoría:Óperas estreadas en Dresde