Benny e Joon (en ) é un filme estadounidense dirixido por Jeremiah S. Chechik que se estreou en 1993. Trata sobre dous individuos excéntricos, Sam (Johnny Depp) e Juniper "Joon" (Mary Stuart Masterson), que se namoran o un do outro. O filme é quizais mellor coñecido polos xestos cómicos de Depp (que foron feitos en homenaxe a Buster Keaton, Charlie Chaplin e Harold Lloyd) e por popularizar nos Estados Unidos a canción "I'm Gonna Be (500 Miles)" de The Proclaimers. Foi rodado integramente na localización de Spokane, Washington.

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 7 de agosto de 1996.La Voz de Galicia, 7 de agosto de 1996. Páx. 71

Sinopse Trala morte dos seus pais, Joon, unha rapaza sensible e delicada, converteuse nunha persoa mentalmente desequilibrada, que vive baixo a estrita tutela e protección do seu irmán Benny (Aidan Quinn). Como consecuencia dunha disparatada poxa nunha partida de póquer, Benny ten que aceptar que Sam (Johnny Depp), un rapaz extravagante e solitario que ten un don especial para a pantomima (homenaxe ó cine mudo), vaia vivir con eles. Joon e Sam simpatizan enseguida e acaban namorándose.

Personaxes Johnny Depp como Sam Mary Stuart Masterson como Juniper 'Joon' Pearl Aidan Quinn como Benjamin 'Benny' Pearl William H. Macy como Randy Burch Julianne Moore como Ruthie Oliver Platt como Eric CCH Pounder como Dr. Garvey Dan Hedaya como Thomas Joe Grifasi como Mike Lynette Walden como Clienta

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Rachel Portman Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados no estado de Washington Categoría:Filmes sobre psiquiatría Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego