The Core é un filme estadounidense dirixido por Jon Amiel que se estreou no 2003.

Sinopse Logo dunha serie de estraños acontecementos ó longo do planeta, descóbrese que, por razóns descoñecidas, o corazón do planeta Terra detivo o seu movemento xiratorio, o que causará en poucos meses un tremendo desastre natural, eliminando a vida do planeta. Para buscar unha solución a esta catástrofe, o goberno e o estamento militar estadounidense piden axuda ó xeofísico que descubriu que estaba pasando, o Doutor Josh Keyes (Aaron Eckhart), e a un grupo cos mellores científicos mundiais. Deberán viaxar ó centro da Terra nun vehículo subterráneo ó mando do comandante Robert Iverson (Bruce Greenwood) e Rebecca “Beck” Childs (Hilary Swank). A súa perigosa misión será a de detonar un dispositivo nuclear que intente reactivar o núcleo e así salvar o mundo enteiro dunha destrución segura.

Personaxes Aaron Eckhart como Dr. Joshua "Josh" Keyes Hilary Swank como Rebecca "Beck" Childs Delroy Lindo como Dr. Edward "Braz" Brazzelton Stanley Tucci como Dr. Conrad Zimsky Tchéky Karyo como Dr. Serge Leveque Bruce Greenwood como Comandante Robert "Bob" Iverson DJ Qualls como Theodore Donald "Rat" Finch Alfre Woodard como Dr. Talma "Stick" Stickley Richard Jenkins como Tenente Xeneral Thomas Purcell

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jon Amiel Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes ambientados en Alasca Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América