Carles Bosch de la Trinxeria, nado en Prats de Molló o 15 de maio de 1831 e finado en La Jonquera o 15 de outubro de 1897, foi un escritor catalán.
Traxectoria Naceu no seo da pequena nobreza, estudou o bacharelato de artes e letras en Tolosa e de ciencias en Barcelona. Logo aséntase en La Jonquera para administrar as súas terras, que estaban a un e outro lado da fronteira.
Membro da Associació Catalana d'Excursions Científiques e da Associació Catalana de Excursions, os seus primeiros artigos apareceron nos boletíns destas asociacións e tamén na revista La Renaixença. En 1887 publica unha recolleita dos seus artigos, Records d'un excursionista, que tiveron un éxito inmediato, ao que seguen Pla i Muntanya (1888), De ma collita (1890) e Tardanies (1892). As súas obras insírense na corrente máis conservadora da Renaixença, propugnando unha volta ás formas de vida do Antigo Réxime.
Escribiu tamén novelas como L'hereu Noradell, en 1889, Montalba e L'hereu Subirà en (1891) e Lena (1894).
Bibliografía Maria Espelt, "Records d'un excursionista, Carles Bosch de la Trinxeria (Brau Editor, Figueres, 2005)", Annals de l'Institut d'Estudis Gironins, 47 (2006), 421-422.
Véxase tamén Ligazóns externas L'hereu Noradell na Biblioteca Virtual Joan Lluís Vives Records d'un excursionista
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Nados no departamento de Pireneos Orientais