Nílson Esídio, nado o 19 de novembro de 1965 en Santa Rita (Estado de São Paulo), é un exfutbolista brasileiro que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria Comezou xogando no Sestao Zinho da Segunda División Brasileira como centrocampista, ata que aos 20 anos o adestrador o probou na dianteira, onde xogaría durante o resto da súa vida profesional.

Xogou dous anos no XV Jaú de São Paulo e no ano 1988 fichou polo Internacional de Porto Alegre. A súa capacidade goleadora levouno a unha curta aventura en Europa. Chega ao Celta de Vigo na tempada 1989-90 para suplir a baixa de Amarildo, cometido no que non tivo éxito e tras un ano volveu a Brasil para gañar o campionato paulista co Gremio.

Foi pichichi cos seus seguintes equipos, Portuguesa, Corinthians, Flamengo e Fluminense, e internacional en seis ocasións.

Na liga española ademais de no Celta, xogaría no Albacete na 1993-94 e no Real Valladolid o ano seguinte, cun total de 59 encontros disputados e 16 goles.

Tralo seu mal paso por Valladolid, onde pretendía destacar para ir ao Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 coa selección de fútbol do Brasil, marchou a México para xogar no Tigres e máis tarde ao Perú para militar nas filas do Sporting Cristal.

Anos despois volveu ao Brasil para xogar en varios equipos, acabando a súa carreira no modesto Atlético Socarabana de São Paulo.

Equipos

AnoClubPaís1983-1984Sertaozinho FC1985Platinense1986-1987XV de Jaú1987-1989PontePreta1989-1990Celta de Vigo1990-1991Gremio de Porto alegre1992Portuguesa1992Corinthians1993Flamengo1993Fluminense1993-1994Albacete Balompié1994-1995Real Valladolid1995Palmeiras1996Vasco da Gama1997UANL Tigres1997Atlético Paranaense1998Sporting de Cristal1999Santo André2000Universitario2001Santa Cruz2002Rio Branco2003Flamengo2003Nacional de São Paulo 2003Atlético Socrabana

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Fluminense FC Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do SE Palmeiras Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do Tigres de la UANL Categoría:Xogadores do CA Paranaense