María Dolores Leonor Montero Abárzuza, máis coñecida como Mariló Montero, nada en Lizarra (Navarra) o 28 de xullo de 1965, é unha xornalista e presentadora de televisión española. Actualmente presenta o programa matinal La mañana de La 1 en Televisión Española.
Traxectoria Inicia a súa traxectoria profesional en Costa Rica (onde estudara Maxisterio), debutando no Canal-2 Univisión de televisión.
Regresa a España en 1989 para traballar xunto a Jesús Hermida no espazo de Televisión Española A mi manera. Compaxina ese labor con colaboracións en Antena 3 Radio.
Un ano despois conduce en Telemadrid o espazo Verano 90, xunto a Agustín Bravo, e inmediatamente despois é fichada por Telecinco, onde traballa como redactora en Informativos Telecinco, dirixido por Luis Mariñas.
O seu seguinte proxecto é a coordinación do espazo Encantada de la vida (1993), que presentaba Concha Velasco.
A mediados da década de 1990 instálase en Sevilla, onde conduce os espazos Andalucía directo, Noticias Uno e, ata xuño de 2008 o programa de debate Mejor lo hablamos.
En xuño de 2009 regresa a Televisión Española para facerse cargo do programa matinal La mañana de La 1.
Vida persoal Casada, desde o 28 de setembro de 1991, co xornalista Carlos Herrera, con quen tivo dous fillos, Alberto e Rocío. En maio de 2011 decidiron pór fin á súa relación, de forma pública comunicándoo á prensa.
Premios Antena de Oro 2007. Micrófono de Oro 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en IMDb Entrevista no xornal El Mundo Artigo sobre a periodista no xornal Noticias de Navarra, de 31 de decembro de 2009 Ficha na Revista Diez Minutos
Categoría:Xornalistas de Navarra Categoría:Presentadores de televisión de Navarra Categoría:Nados en Lizarra Categoría:Presentadores de Televisión Española