Jordi Alba Ramos, nado en l'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 21 de marzo de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral por banda esquerda e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona da Primeira División de España.
Tamén xoga coa selección de fútbol de España, coa que gañou, sendo un dos xogadores revelación, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Traxectoria Primeiros anos Tras estar sete anos nas categorías inferiores do FC Barcelona, en 2005 Alba deixa La Masia para recalar nas filas da UE Cornellà. Na segunda tempada é fichado polo Valencia CF por apenas 6.000 €, equipo no que tan só nunha tempada pasou a xogar do Xuvenil A a consolidarse no Valencia CF Mestalla, sendo unha peza clave no ascenso deste a Segunda División B, chegando a ser convocado polo primeiro equipo valencianista e pola selección española sub-19. Posteriormente é cedido ao Gimnàstic de Tarragona, conseguindo facerse coa titularidade tras uns inicios dubidosos (24 partidos como titular), o que lle vale para ser chamado coa selección española sub-21.
Valencia CF left|180px|miniatura|Jordi Alba na súa etapa no Valencia. Tras a súa gran campaña en Tarragona, regresa ao Valencia CF para facer a pretemporada. Logra convencer a Unai Emery e convértese en xogador do primeiro persoal, debutando oficialmente en Liga o 13 de setembro de 2009 na vitoria por 4-2 contra o Real Valladolid. Logo foi titular en dous partidos consecutivos da fase de grupos da UEFA Europa League contra Lille OSC e SK Slavia Prague, que acabaron en empate a un. Debido as lesións permanentes dos defensas do Valencia, Alba xogou gran parte desa tempada como lateral esquerdo, dando grandes resultados. Xogando nesa posición chegaría o seu primeiro gol o 11 de abril de 2010, na derrota 3-2 contra o RCD Mallorca.
Na tempada 2010-11, aínda con Unai Emery como adestrador, Alba foi utilizado case exclusivamente no sector defensivo, loitando pola titularidade co francés Jérémy Mathieu. Xogou un total de 27 partidos de liga, cos que o equipo acabou por segundo ano consecutivo no terceiro posto, obtendo a clasificación para a Liga de Campións.
Na seguinte tempada, Emery comezou a utilizar aos dous xogadores, Alba e Mathieu, de forma simultánea polo costado esquerdo, unha estratexia que probara a tempada anterior. Isto resultou ser unha táctica eficaz xa que ofrecen apoio mutuo no ataque e as áreas de defensa. O xogador cualifica ao adestrador como un home clave na súa transición exitosa a un papel máis defensivo.Alba ansioso por aprender ; FIFA.com, 5 de outubro de 2011
FC Barcelona O 28 de xuño de 2012, durante o transcurso da Eurocopa na que Jordi Alba participa, o Valencia e o Barcelona chegaron a un principio de acordo para o traspaso do xogador a cambio de catorce millóns de euros, polas seguintes cinco tempadas. A mañá do 5 de xullo, pasou satisfactoriamente o recoñecemento médico e asinou o seu contrato, efectuándose a súa presentación esa mesma tarde. A súa cláusula de rescisión ascendeu á cifra de 90 000 000 euros.
Selección nacional miniatura|250px|Jordi Alba celebrando o seu gol na final da Eurocopa 2012. Jordi Alba foi 5 veces internacional coa selección española sub-21. O 30 de setembro de 2011 foi convocado por primeira vez para un partido da selección absoluta, coa que debutou o 11 de outubro de 2011 xogando en Alacant ante Escocia na fase de clasificación da Eurocopa 2012. En 2012 seguiu sendo convocado coa selección e disputou a citada Eurocopa como lateral esquerdo titular. Marcou o segundo gol na final, que gañou España por 4-0 a Italia.
Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol Sub-20 ExiptoOitavos de final
Participacións en Eurocopas EurocopaSedeResultadoEurocopa 2012 Polonia Ucraína Campión
Participacións en Xogos Olímpicos Xogos OlímpicosSedeResultadoXogos Olímpicos de 2012 Londres -
Estatísticas Actualizado o 14 de maio de 2012. ClubTempadaCategoríaLigaCopaEuropaTotalPXGolesPXGolesPXGolesPXGoles Gimnàstic2008–09Segunda División35410--364 Valencia2009–10Primeira División15120902612010–1126440303352011–1232580101505 Total731014022110811 Barcelona2012–13Primeira División00000000Total carreira1081015022114515
Palmarés Campionatos internacionais TítuloEquipoPaísAnoEurocopaSelección españolaPolonia e Ucraína2012
Distincións individuais DistinciónAnoMellor lateral esquerdo do mundo, segundo Goal.comhttp://www.goal.com/es/news/21/fichajes/2012/07/02/3214075/barcelona-fich%C3%B3-al-mejor-lateral-izquierdo-del-mundo-jordi2012Mellor lateral da Eurocopa2012Xogador revelación da Eurocopa, segundo MARCAhttp://www.marca.com/debate/2012/07/2530/pinta-votaciones2530.html2012Incluído no Equipo Ideal da Eurocopa pola UEFAhttp://www.marca.com/2012/07/02/futbol/eurocopa_2012/1341224339.html2012
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Jordi Alba na FIFA
Categoría:Nados en L'Hospitalet de Llobregat Categoría:Nados en 1989 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022