Os Chysiogenetes son un pequeno filo de bacterias introducido recentemente, que comprende só unha familia con tres xéneros: Chrysiogenes, Desulfurispira e Desulfirispirilum.

Chrysiogenes arsenatis foi illada na auga residual dunha mina de ouro australiana, e do seu xénero deriva o nome do filo (do grego chruseion, mina de ouro ; Chrysiogenes = xurdida dunha mina de ouro). É anaeróbica e reduce o arsénico, que funciona como aceptor final de electróns, usando o acetato e outros produtos orgánicos como doantes de electróns e de carbono. Pode reducir o nitrato a amoníaco vía nitrito. As súas secuencias de ARNr 16S eran únicas, polo que se clasificou no seu propio filo. Posteriormente describíronse os outros dous xéneros.

Filoxenia O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Datos de e a filoxenia está baseada nas secuencias do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project.Ver All-Species Living Tree Project . Datos de

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas NCBI webpage on Chrysiogenetes Datos de

Categoría:Bacterias