San Pedro de Arxemil é unha parroquia do concello do Corgo. En 2010 tiña 82 habitantes (42 homes e 40 mulleres).

Toponimia O topónimo pode significar as terras de , antropónimo gótico.

Patrimonio A parroquia está rodeada en boa parte polo río Chamoso. Na súa ribeira hai dous antigos muíños, xa en desuso, e unha praia fluvial, Sobre o río érguese a ponte de Galiñeiros, de orixe romana e pola que pasaba a vía que conectaba Lucus Augusti coa meseta Central. Actualmente non ten un bo estado de conservación, se ben conserva intacta a estrutura. Esta vía deu pé á actual estrada N-VI que vai desde Madrid á Coruña. Na zona hai dúas tumbas antropomorfas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Arxemil

Parroquias do Corgo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Corgo

Categoría:Parroquias do Corgo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía