Javier Varas Herrera, nado en Sevilla (España) o 10 de setembro de 1982, é un futbolista español que xoga na demarcación de gardameta. Dende 2017 xoga no Granada CF da Liga 1|2|3.

Traxectoria Criouse no barrio de San José e empezou a xogar ó fútbol nun equipo local, a Escola Deportiva de Pino Montano, pasando pouco despois á Peña Sevillista Pablo Blanco, ata que en edade xuvenil pasou á AD Nervión, coa que xogou na Liga Nacional de Xuveniles e logo en Primeira Rexional. Na tempada 2003/2004 pasou á AD San José, de rexional preferente. O Sevilla Fútbol Club fixouse nel tralas súas boas actuacións, fichándoo para o CD Alcalá, en Segunda B, na tempada 2004/2005, xogando un papel fundamental na salvación do equipo.

Na tempada 2005/2006 o Sevilla repescouno para defende-la portería do filial, tamén en Segunda B. O Sevilla Atlético logrou o ascenso a Segunda División na tempada 2006/2007 grazas á vitoria no partido de promoción fronte ó Pontevedra Club de Fútbol durante o lanzamento dos penaltis.

Na tempada 2007/2008 Javi Varas seguiu co Sevilla Atlético, ata que ó seu termo foi ascendido a segundo gardameta do primeiro equipo. Nada máis ascender, Varas tivo a oportunidade de debutar debido á lesión do titular, Andrés Palop, durante a pretempada.

O 3 de xullo de 2012 o Real Club Celta de Vigo consegue a cesión de Javi Varas para axudar ó equipo a manter a permanencia en Primeira División.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1982 Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do CD Alcalá Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Granada CF