María del Carmen Otero Rolle, nada en Madrid o 5 de abril de 1965, é unha poeta e cantautora española.
Traxectoria De raíces galegas (por parte paterna) e madrileñas (por parte materna) trasladouse de moi pequena (dous anos) a Viveiro, onde se iniciou na poesía e na música. Estudou Maxisterio en Lugo.
Logo dunha etapa en Santiago de Compostela, vive en Inglaterra dende 2002, residindo inicialmente en Southampton e dende 2006 en Bristol.
Obras A maior parte da súa produción poética ten lugar dende a adolescencia ata finais dos anos 90. Froito desta actividade é o seu primeiro libro, que é unha recompilación de poemas da autora centrados no tema do amor.
É tamén autora de moitos outros poemas aínda inéditos. Musicou varias das súas poesías así como poemas doutros autores galegos como Darío Xohán Cabana, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel Rodríguez López.
Poesía Luces en la arena, 2012. Vida persoal
En 1997 casou con Santiago Rodríguez López, co que ten un fillo.Biografía no libro Luces en la Arena.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas El rincón de Mary Otero blog oficial de Mary C. Otero Rolle . Luces en la arena en Galiciadigital . "Te Doy una canción", entrevista a Mary y actuación en directo. Música y letra de Silvio Rodríguez "Alborada", actuación en directo. Letra de Rosalía de Castro. Música de Mary C. Otero Rolle "Longa noite de pedra", actuación en directo. Letra de Celso Emilio Ferreiro. Música de Mary C. Otero Rolle "Como unha folliña seca", actuación en directo. Letra de Manuel Rodríguez López. Música de Mary C. Otero Rolle "Que ten o meniño", actuación en directo. Letra de Manuel Rodríguez López. Música de Suso Vaamonde "Campanas de Bastabales", actuación en directo. Letra de Rosalía de Castro. Música de Amancio Prada "Adios ríos adios fontes", actuación en directo. Letra de Rosalía de Castro. Música de Amancio Prada
Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1965 Categoría:Cantautores de España