Gallaecimonas é un xénero de bacterias recentemente descrito, descuberto na costa galega. A primeira especie descrita deste xénero foi Gallaecimonas pentaromativorans gen. nov., sp. nov. descuberta por Rodríguez Blanco et al. en 2010 en sedimentos intermareais da ría de Corcubión en Cee, A Coruña J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature Genus Gallaecimonas . Trátase dunha proteobacteria da clase Gammaproteobacteria con forma de bacilo gramnegativo , halotolerante, que se caracteriza por poder degradar hidrocarburos aromáticos policíclicos de elevado peso molecular de 5 aneis. O xene do ARNr 16S mostrou heteroxeneidade, e na cepa estudada CEE_131(T), as súas secuencias indicaron unha distante relación cos xéneros Rheinheimera e Serratia. O seu contido G+C (guanina e citosina) foi de 41,7 mol%.UniProt Genus Gallaecimonas Gallaecimonas

É especialmente interesante a capacidade de degradar hidrocarburos aromáticos policíclicos desta bacteria, porque estes hidrocarburos son contaminantes moi comúns vertidos no medio polas actividades humanas, e os de elevado peso molecular con de 4 a 6 aneis son difíciles de degradar, tenden a acumularse nos sedimentos e son mutaxénicos, carcinóxenos ou teratoxénicos.Eisler, R. (1987). Polycyclic Aromatic Hydrocarbons Hazards to Fish, Wildlife and Invertebrates: a Synoptic Review. Biol Report 85 (1.11). Washington, DC: US Fish and Wildlife Service.

O nome do xénero procede do nome latino de Galicia, Gallaecia, e do grego monas, 'mónada'. O nome da especie fai referencia a que degrada compostos aromáticos de 5 aneis: pent + aromati + vorans ("devorador de compostos aromáticos con 5 aneis").

Posteriormente, en 2012, Jianning Wang et al. descubriron nun consorcio de bacterias degradadoras de petróleo en mostras extraídas nos arredores da illa de Xiamen (China) a especie Gallaecimonas xiamenensis sp. nov. As análises das secuencias de ARNr da cepa 3C-1-T indicaron que pertencía ao xénero Gallaecimonas cunha semellanza de secuencia do 96,6% ao 96,8 %. O seu contido G+C era do 61,3 mol%. Trátase dun bacilo gramnegativo móbil, que non pode reducir o nitrato.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aliivibrio finisterrensis, outra bacteria descuberta en Galicia

Ligazóns externas Imaxe da bacteria no International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology

Categoría:Gammaproteobacteria