thumb|200px|left|École Normale de Musique de Paris. thumb|Fachada da École Normale de Musique de Paris. A École Normale de Musique de Paris foi fundada en 1919 polo pianista Alfred Cortot e o seu colega Auguste Mangeot. Dende o principio, a institución gozou dunha reputación mundial pola calidade da súa ensinanza musical, con profesores como Pau Casals, Nadia Boulanger, Wanda Landowska, Paul Dukas, Henri Dutilleux e Arthur Honegger.

A escola foi oficialmente aprobada polo Ministerio Estatal de Cultura e Comunicación. Nela formáronse varios concertistas e compositores de renome. Dinu Lipatti, Samson François e Igor Markevitch entre outras celebridades estudaron no ambiente de arquitectura da Belle Époque deste templo parisiense da música clásica.

Actualmente, a institución é dirixida por Henri Heugel e un Conseil d'Orientation Musicale composto por Paul Badura-Skoda, Narcis Bonet, Elliott Carter, Jean Michel Damase, Jean Louis Mansart, Christian Ivaldi e Kent Nagano. A escola ten 1200 estudantes e 120 mestres que ensinan tódalas disciplinas da música académica entre elas cursos teóricos, dirección de orquestra e composición. A escola está situada no corazón de París e rexistrada como "Espacio Histórico" pola Administración Francesa. A súa sala de concertos, a Salle Cortot, é unha obra mestra da Art Déco deseñada polo arquitecto Auguste Perret, quen tamén deseñou o Théâtre des Champs-Élysées de París.

Antigos catedráticos Boulanger, Nadia Casals, Pau Cortot, Alfred Damase, Jean-Michel Dervaux, Pierre Dukas, Paul Dutilleux, Henri Enescu, George Hahn, Reynaldo Heidsieck, Eric Honegger, Arthur Landowska, Wanda Lefébure, Yvonne Mesplé, Mady Messiaen, Olivier Münch, Charles Stravinskii, Igor Taira, Yoshihisa Thibaud, Jacques Vallin, Ninon

Exalumnos Akl, Walid Aliaga H., Jorge Andia, Rafael Armengaud, Jean-Pierre Bardon, Claude Badura-Skoda, Paul Boucourechliev, André Brunhoff, Thierry de Caillat, Maud Cambreling, Sylvain Carter, Elliott Casadesus, Jean-Claude Chiu, Frédéric Czerny-Stefanska, Halina Davy, Jean Devoyon, Pascal Dumestre, Vincent Dumond, Arnaud Dussaut, Thérèse Francescatti, Zino François, Samson Grisey, Gérard Guevara, Gerardo Inayat Khan, Vilayat Ivaldi, Christian Manoury, Philippe Le Conte, Piere-Michel Lefébure, Yvonne Lipatti, Dinu Lively, David Lowenthal, Jerome Lutyens, Elisabeth Petit, Pierre Mantovani, Bruno Markevitch, Igor Miranda, Ana María Naoumoff, Émile Périsson, Jean Perretti, Claudine Rodas, Arturo Rodrigo, Joaquín Ruiz-Pipó, Antonio Sermet, Husseyn Setrak Sosaya, José Tagliaferro, Magda Wolfensberger, Rita

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Web da Éscole Normade de Musique

Categoría:Institucións de ensino musical