Alén de Ancos é un grupo galego de música folk nado en Ferrol en 2007. A súa música mestura temas da música tradicional galega coa influencia da música celta de Irlanda ou Escocia.
Compoñentes e instrumentos Pablo Díaz: gaita, low whistle, tin whistle e voz. Rubén Gómez: guitarra. Aitor Rodríguez: bodhrán e caixón flamenco. Iago Casal: teclado e voz. Carlos Caaveiro: uilleann pipe, low whistle e tin whistle. Dolores Melgar: pandeireta. Fausto Escrigas: saxo soprano, low whistle e tin whistle.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do grupo na rede Facebook. Crónica da súa participación no Festival Internacional do Mundo Celta 2013
Categoría:Música de Galicia sen imaxes Categoría:Grupos musicais de Ferrol Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira