Mafia Galega foi un colectivo musical nacido da emigración que entre os anos 2000 e 2010 contribuíu a promover á cultura galega a través dos seus artistas hip hop e dos seus xogos tradicionais. No ano 2020, tras varios anos fóra do radar, volvieron á carga co seu primeiro álbum "o síndrome dun xaponés en París".
O colectivo Mafia Galega é o nome dun colectivo musical liderado por Francisco Fernández, coñecido tamén como Paco, que dende Xenebra participou na promoción do rap galego cunha web que chegou a reunir mais de vinte grupos onde se encontraban bandas como Juanito Broders, Malandrómeda, GranPurismo, El Puto Coke ou Rack Eterno.
A nivel musical, Mafia Galega chegou a editar varios temas en recompilatorios internacionais como Underground Revolution vol2 (España, 2006), HHCH Vol1 (Suíza, 2008) e A-Free-Can Gangster (Camerún, 2008). O seu estilo caracterizábase por unha mestura de idiomas (francés, castelán e galego) así como unhas rimas desenfadadas, como demostra o tema «Ese tipo», que soou en varias ocasións polas ondas da Radio Galega.
Liet International 2010 Mafia Galega representou a Galicia na sétima edición do festival Liet International do 2010, unha especie de Eurovisión para linguas minorizadas que tivo lugar en Lorient. O seu tema «Billarda sempre», himno da liga nacional de billarda e escrito polo poeta Xabier Cordal, foi elixido por un xurado internacional entre 46 candidaturas. Para a súa actuación, o grupo estivo acompañado por Xermán Viluba, fundador e principal promotor da liga nacional de billarda, e ofreceron unha demostración deste xogo tradicional no escenario.
A síndrome dun xaponés en París No ano 2020, Mafia Galega lanzou o seu primeiro álbum, O síndrome dun xaponés en París. Fixéronse catro videoclips realizados polo propio Paco: "Amigo", "Don Ramón", "Gastronomía Domina" e "Plan na mente".
Notas
Categoría:Música de Galicia Categoría:Grupos de hip hop de Galicia