Aguas de Cabreiroá é unha empresa galega de bebidas con sede en Cabreiroá (Verín). Foi fundada por José García Barbón en 1906. A empresa é propiedade de Hijos de Rivera.
Historia miniatura|Balneario A finais do século XIX as xentes do lugar ían a un manancial para curar as doenzas do aparato dixestivo, e o párroco acondicionou a zona, e promoveu a construción dunha fonte. O empresario Xosé García Barbón encargou estudos químicos sobre as augas, e adquiriu a fonte e os terreos dos arredores, levantando unha construción de estilo modernista para acomodar ás xentes que visitaban a zona. En 1906 creouse a empresa Aguas de Cabreiroá, cunha planta de embotellamento. En 1907, encargouse unha nova análise ao doutor Santiago Ramón y Cajal, que certificou as súas propiedades mineromedicinais. Nese mesmo ano iniciáronse as obras do hotel-balneario. As instalacións incluían un parque de 5 hectáreas con 2000 árbores de 72 especies distintas. miniatura|Manancial Á morte de García-Barbón, o balneario pasou a mans do seu neto, Benigno Salgueiro García-Barbón, que á súa vez morreu en 1931, pasando entón á súa viúva, Cecilia de Espínola. Entre novembro de 1936 e marzo de 1937, logo do inicio da guerra civil española, o hotel-balneario pasou a ser hospital de campaña, acollendo militares do bando nacional que combatían na fronte de Asturias. O hospital contaba con material incautado ao médico Carlos Reino Caamaño, que fora elixido alcalde de Verín en xullo de 1936 por Izquierda Republicana."Balneario de Cabreiroá- Verín (Ourense): algunos nuevos datos de esta Enfermería-Hospital de guerra, 1936-1937", post no blog Diario de un médico de Guardia, de David Simón (21 de novembro de 2011) .
A actividade de envasado de auga proseguiu no tempo. Na década de 1990, entrou no accionariado Hijos de Rivera, que en 2006 tomou o control de toda a empresa.
En 2008, déronse varios casos de intoxicación por auga adulterada en Ourense. A empresa considerou o acontecido como unha sabotaxe a súa marca."Tercer intoxicado en un mes por agua de Cabreiroá", El País, setembro de 2008 . O sector respondeu trocando o peche das botellas, deixando os tapóns de presión con precinto de plástico por tapóns de rosca.
Produtos miniatura|Tarxeta postal de 1912. miniatura|Anuncio en Vida Gallega en 1909. Auga sen gas, auga natural envasada en vidro, PET ou PET-Sport Auga con gas, auga con gas engadido envasada en vidro, PET ou Aluminio Magma de Cabreiroá, auga con gas natural e bicarbonato envasada en botella de Aluminio. Rosalía de Castro, botella homenaxe ao 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Ciclo da Auga, botella homenaxe ao Ciclo da Auga. Faros de Galicia, botella de homenaxe aos Faros de Galicia.
Imaxe de calidade A empresa mantén unha imaxe moi coidada con deseños orixinais e campañas publicitarias en tódolos medios, incluída a televisión.
Ten certificación de calidade auditada por AENOR, norma ISO 9001 e ISO 14001.AGUAS DE CABREIROÁ (Verín, Ourense) .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Balneario de Cabreiroá Ligazóns externas Páxina web da empresa
Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Verín Categoría:Galicia Calidade