miniatura|Antefixo etrusco de Vulci, século I adC. miniatura|Antefixo etrusco de Cerveteri, século VI adC. O antefixo ou antefixa (do latín antefigere, literalmente fixar por diante) é un bloque ornamental colocado verticalmente ao longo dos beirís dos tellados para protexer os extremos das tellas e esconder a unión entre elas.
En grandes edificios, a cara dos antefixos de pedra eran tallados con detalle. En edificios de menores proporcións empregábanse antefixos modelados en cerámica, polo xeral terracota, e que adoitaban estar decorados con figuras ou máscaras, especialmente durante o período romano. Nesta época era común atopalos en numerosos edificios e casas particulares.
miniatura|centro|Antefixos nunha cuberta.
Véxase tamén
Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Elementos arquitectónicos da Grecia Antiga