miniatura|250px|Ron Dennis durante a sesión de prácticas do xoves. O Gran Premio de Mónaco de 2000 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 4 de xuño de 2000 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sétima carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 2000, disputada sobre 78 voltas e foi gañado por David Coulthard.
Informe Houbo algunhas sorpresas na cualificación Michael Schumacher logrou a pole position por diante de Jarno Trulli que foi un sorprendente segundo, David Coulthard ocupou o terceiro lugar, Heinz-Harald Frentzen o cuarto, Mika Häkkinen o quinto e Rubens Barrichello o sexto.
Tras a volta de arrequecemento, problemas no Benetton de Wurz atrasaron en dez minutos o inicio da carreira. Na saída non houbo problemas, pero antes de completarse a primeira volta, problemas informáticos obrigaron aos comisarios a mostrar a bandeira vermella, suspendendo a carreira. Xusto nese instante, De la Rosa intentaba pasar a Button na curva de Loews, pero ao pechar a trazada golpeou a parte traseira do seu Arrows co morro do Williams, facendo un trompo que bloqueou aos pilotos que marchaban tras eles. Cando se reconstituíu a grella deuse a segunda saída, que resultou limpa e tras a cal as primeiras posicións non variaron. Só Barrichello perdeu a súa sexta praza en favor de Ralf Schumacher e Jean Alesi, que lle gañaron a partida ao brasileiro. Michael Schumacher, unha vez na primeira posición, paseouse polas rúas de Montecarlo, metendo entre un e dous segundos por volta ás dúas parellas que se formaron tras o seu monopraza: Trulli mantiña baixo control a Coulthard na pelexa pola segunda praza, e Frentzen facía o mesmo con Hakkinen no dobre duelo Jordan-McLaren. A carreira deu un primeiro cambio nas voltas 35 e 36, momento ata o cal mantivéronse estables as posicións en espera dos abastecementos que debían decidir a pelexa entre os monoprazas amarelos e as frechas de prata. Problemas na suspensión dianteira do McLaren de Hakkinen obrigáronlle a entrar en boxes, perdendo as súas opcións na carreira.
Na seguinte volta, Jarno Trulli tivo que retirarse por problemas mecánicos no seu Jordan, mentres que Ralf Schumacher, que nese momento era cuarto, estrelaba o seu Williams contra os gardarraís da curva de Santa Devota e terminou cunha profunda ferida na perna. Tras os incidentes, Schumacher mantíñase como líder, con Coulthard en segunda posición e mellorando ostensiblemente os seus tempos de volta, unha vez que xa non tiña o tapón que supuña Trulli, e o terceiro posto era para Heinz-Harald Frentzen. Hakkinen estaba décimo segundo, aínda que co seu abastecemento xa realizado: o obxectivo era estar nos puntos. Os respostaxes non cambiaron as posicións, pero o segundo cambio na carreira chegou na volta 55, cando unha avaría na suspensión traseira do Ferrari de Schumacher facíalle abandonar a proba cando tiña a vitoria absolutamente asegurada. O liderado recaeu en Coulthard, mentres que a pelexa pola segunda praza era o grande interese da proba, loita na que se enfrascaron Frentzen e Barrichello. Unha saída de pista do alemán na curva de 'Santa Devota' deu co seu Jordan contra as proteccións, deixando a segunda praza en bandexa a Barrichello. Fisichella (Benetton Playlife) mantivo a terceira praza, mentres que a cuarta foi para Eddie Irvine, que conseguiu os primeiros puntos do mundial para o equipo Jaguar. Mika Salo logrou a quinta praza e Hakkinen tivo que conformarse co punto que lle deu a sexta posición final.
Clasificación Cualificación Pos Nº Piloto Costrutor Tempo Diferenza 1 3 Michael Schumacher Ferrari 1'19"475 2 6 Jarno Trulli Jordan - Mugen Honda 1'19"746 +0"271 3 2 David Coulthard McLaren - Mercedes 1'19"888 +0"413 4 5 Heinz-Harald Frentzen Jordan - Mugen Honda 1'19"961 +0"486 5 1 Mika Häkkinen McLaren - Mercedes 1'20"241 +0"766 6 4 Rubens Barrichello Ferrari 1'20"416 +0"951 7 14 Jean Alesi Prost - Peugeot 1'20"494 +1"019 8 11 Giancarlo Fisichella Benetton - Supertec 1'20"703 +1"228 9 9 Ralf Schumacher Williams - BMW 1'20"742 +1"267 10 7 Eddie Irvine Jaguar - Cosworth 1'20"743 +1"268 11 8 Johnny Herbert Jaguar - Cosworth 1'20"792 +1"317 12 12 Alexander Wurz Benetton - Supertec 1'20"871 +1"396 13 17 Mika Salo Sauber - Petronas 1'21"561 +2"086 14 10 Jenson Button Williams - BMW 1'21"605 +2"130 15 19 Jos Verstappen Arrows - Supertec 1'21"738 +2"263 16 18 Pedro de la Rosa Arrows - Supertec 1'21"832 +2"357 17 22 Jacques Villeneuve BAR - Honda 1'21"848 +2"373 18 15 Nick Heidfeld Prost - Peugeot 1'22"017 +2"542 19 16 Pedro Diniz Sauber - Petronas 1'22"136 +2"661 20 23 Ricardo Zonta BAR - Honda 1'22"324 +2"849 21 20 Marc Gené Minardi - Fondmetal 1'23"721 +4"246 22 21 Gaston Mazzacane Minardi - Fondmetal 1'23"794 +4"319
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 David Coulthard McLaren-Mercedes 78 1:49:28.213 3 10 2 4 Rubens Barrichello Ferrari 78 +15.889 6 6 3 11 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 78 +18.522 8 4 4 7 Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 78 +1:05.924 10 3 5 17 Mika Salo Sauber-Petronas 78 +1:20.775 13 2 6 1 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 77 +1 volta 5 1 7 22 Jacques Villeneuve BAR-Honda 77 +1 volta 17 8 15 Nick Heidfeld Prost-Peugeot 77 +1 volta 18 9 8 Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 76 +2 voltas 11 10 5 Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 70 Trompo 4 Ret 19 Jos Verstappen Arrows-Supertec 60 Trompo 15 Ret 3 Michael Schumacher Ferrari 55 Suspensión 1 Ret 23 Ricardo Zonta BAR-Honda 48 Trompo 20 Ret 9 Ralf Schumacher Williams-BMW 37 Trompo 9 Ret 6 Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 36 Caixa de cambios 2 Ret 16 Pedro Diniz Sauber-Petronas 30 Trompo 19 Ret 14 Jean Alesi Prost-Peugeot 29 Transmisión 7 Ret 21 Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 22 Trompo 22 Ret 20 Marc Gené Minardi-Fondmetal 21 Caixa de cambios 21 Ret 12 Alexander Wurz Benetton-Playlife 18 Trompo 12 Ret 10 Jenson Button Williams-BMW 16 Motor 14 Ret 18 Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 0 No reinicio 16
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Michael Schumacher 46 2 David Coulthard 34 3 Mika Häkkinen 29 4 Rubens Barrichello 22 5 Giancarlo Fisichella 14
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 68 2 McLaren-Mercedes 63 3 Williams-BMW 15 4 Benetton-Playlife 14 5 Jordan-Mugen-Honda 9
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2000