Philip Baker Hall, nado en Toledo, Ohio, o 10 de setembro de 1931 e falecido o 12 de xuño de 2022, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Hall naceu en Toledo, Ohio. "Philip Baker Hall 10.9.31" A súa nai foi Alice Birdene (de solteira McDonald), e o seu pai, William Alexander Hall, traballador dunha fábrica de Montgomery, Alabama. Asistiu á Universidade de Toledo. Traballou en Alemaña como tradutor para o Exército dos Estados UnidosPhilip Baker Hall is your favorite actor whose name you can’t quite place. The Washington Post. Consultado o 23 de abril de 2021. e como profesor de instituto. Traballou en producións de Off Broadway e de Broadway en Nova York.

Tras debutar en Cowards, uniuse ao Los Angeles Theatre Center. O seu primeiro papel en televisión foi nun episodio de Good Times. Hall interpretou máis de 200 papeis desde 1977, entre eles o de Richard Nixon no filme dunha personaxe Secret Honor. Durante a década de 1980 participou en varios filmes en papeis secundarios, incluídos Nothing in Common, Midnight Run, Say Anything... e Ghostbusters II. Interpretou un detective na procura dunha carreira literaria en varios episodios da serie Seinfeld. A súa primeira aparición na serie foi gabada como un dos mellores actores convidados da serie, e deulle máis traballos.

Hall protagonizou a curtametraxe de Paul Thomas Anderson Cigarettes & Coffee, que logo adaptou na súa longametraxe debut Hard Eight. Hall foi candidato ao Independent Spirit ao mellor actor. Posteriormente apareceu noutros filmes de Anderson, Boogie Nights e Magnolia. Tamén compartiu pantalla con Philip Seymour Hoffman en catro filmes.

Hall faleceu o 12 de xuño de 2022, aos noventa anos.

Vida persoal Hall tivo dous fillos coa súa primeira esposa, Dianne Lewis. Casou posteriormente con Holly Wolfle, e tivo dúas fillas, Adella e Anna.

Filmografía Cowards (1970) Secret Honor (1984) Three O'Clock High (1987) Midnight Run (1988) Hard Eight (1996) The Rock (1996) Air Force One (1997) Boogie Nights (1997) Enemy of the State (1998) Sour Grapes (1998) Psycho (1998) Hora punta (1998) The Truman Show (1998) Magnolia (1999) The Insider (1999) The Talented Mr. Ripley (1999) Lost Souls (2000) A Gentleman's Game (2000) Rules of Engagement (2000) Rush Hour 2 (2001) The Sum of All Fears (2002) Bruce Almighty (2003) Curb Your Enthusiasm (2004) The Amityville Horror (2005) Duck (2005) The Matador (2005) The Zodiac (2005) Monk (2005) The Shaggy Dog (2006) Rush Hour 3 (2007) Zodiac (2007) You Kill Me (2007) Psych (2008) Fired Up (2009) All Good Things (2010) 50/50 (2011) Modern Family (TV Show) (2011, 2012) Mr. Popper's Penguins (2011) The Chicago 8 (2011) Bending the Rules (2012) Argo (2012)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Ohio Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Toledo, Ohio Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2022