miniatura|270px|dereita|A afección temperá de Linné polas flores reflíctese no seu traballo, a Linnaea borealis converteríase no seu emblema persoal. Carl Linnaeus,O pai de Carl Linnaeus, Nils, naceu co apelido Ingemarsson a partir do nome do seu pai, Ingemar Bengtsson. Con todo, cando Nils ingresou na universidade debía ter un apelido. Inspirándose nun tileiro que había nas terras da familia, Nils escolleu o nome Linnaeus, forma latinizada da palabra lind, "tileiro" en idioma sueco. (Blunt, 2004, 12) Cando Carl Linné naceu, recibiu o nome de Carl Nilsson Linnaeus, tomando o apelido do seu pai. (Blunt, 2004, 13). (en , latinizado como Carolus Linnaeus,Cando Carl Linnaeus se matriculou nunha escola privada como estudante na Universidade de Lund, rexistrouse como Carolus Linnaeus. Esta forma latinizada era o nome que usaba cando publicaba os seus traballos en latín. Despois de que fose nomeado nobre, en 1761, cambiou o nome polo de "Carl von Linné". Linné é unha versión reducida de 'Linnaeus', e von indica o seu ennobrecemento, segundo o costume alemán adoptado pola aristocracia sueca da época. A partir dese momento, asina a súa correspondencia como "Carl v. Linné." (Blunt, 2004, 171). tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maioLINNÉ Carl vonCarl von Linné naceu o 13 de maio de 1707 (segundo o calendario sueco da época) ou o 23 de acordo ao calendario actual. Segundo o calendario xuliano naceu o 12 de maio. (Blunt 2004, páx. 12) de 1707 en Råshult (na antiga provincia de Småland) Suecia e finado o 10 de xaneiro de 1778 en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna» e fundador da bioxeografía vexetal. Linné introduciu o concepto de «economía natural» para argumentar como os organismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza; e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía.
Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e cara a 1730 empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735 e 1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de medicina e de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para recoller e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema.
No momento da súa morte era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa. O filósofo suízo Jean-Jacques Rousseau envioulle a mensaxe: "Dígalle que non coñezo un home máis grande na Terra". O escritor alemán Goethe escribiu: "Coa excepción de Shakespeare e Spinoza, non coñezo ninguén, entre os que xa non viven, que me influíse máis intensamente". O autor sueco Strindberg escribiu: "Linné era en realidade un poeta que se converteu en naturalista".Linnaeus deceased sitio web da Universidade de Uppsala" Linné en liña". (en inglés) Consultado o 13/06/2015 Entre outros cumpridos, Linné foi chamado "Princeps Botanicorum" ("Príncipe de Botánicos"), "O Plinio do Norte" e "O Segundo Adán".Broberg, Gunnar, páx. 7 Así mesmo, é considerado heroe nacional de Suecia.Blunt, Wilfrid, páx. 6
En 1959, Linné foi designado lectotipo de Homo sapiens,Stearn, W. T. 1959. The background of Linnaeus's contributions to the nomenclature and methods of systematic biology. - Systematic Zoology 8 (1): p. 4-22. cousa que significa que segundo as regras de nomenclatura, Homo sapiens foi definido de xeito válido como a especie de animal á cal pertencía Linné.
En botánica, a abreviación de autor usada para indicar a Linné como autoridade para os nomes de especies é L.
Traxectoria Primeiros anos Infancia miniatura|150px|esquerda|Casa natal de Linné en Råshult. Carl Nilsson Linné naceu en Råshult, Småland, Suecia o 23 de maio de 1707. Foi o primeiro fillo de Nils Ingemarsson Linnaeus (1674-1748) e Christina Brodersonia (1688-1733). Os antepasados de Nils foron campesiños ou sacerdotes durante moitas xeracións. O seu pai, Nils, era un botánico afeccionado, un ministro do luteranismo, e o cura da pequena vila de Stenbrohult, en Småland. A súa nai, Christina, era a filla do reitor de Stenbrohult, Samuel Brodersonius. Despois de Carl tiveron tres fillas e outro fillo, chamado Samuel, que sucedería finalmente o seu pai como reitor en Stenbrohult e escribiría un manual sobre apicultura.Blunt, Wilfrid, páx. 12Stöver, Dietrich Johann Heinrich, 1794, páx. 8Broberg, Gunnar, páx. 10 Un ano despois do nacemento de Carl Linné, morreu o seu avó, Samuel Brodersonius, e o seu pai, Nils, converteuse no reitor de Stenbrohult. Así, Linné e os seus pais trasladáronse á reitoral deixando a casa do cura onde viviran.Blunt, Wilfrid, páx. 13.
Xa nos seus primeiros anos Linné parecía mostrar unha grande atracción polas plantas e polas flores en particular. Cando estaba preocupado ou enfadado dábanlle unha flor e inmediatamente acougaba. Nils pasaba moito tempo no seu xardín e a miúdo mostraba flores a Linné, ensinándolle os seus nomes. Pronto Linné tivo a súa propia parcela de terra no xardín do seu pai onde podía cultivar plantas.
Educación básica O seu pai comezou a ensinar a Linné latín, relixión e xeografía desde pequeno, pero cando Linné tiña sete anos considerou que era mellor que tivese un mestre. Os seus pais elixiron a Johan Telander, o fillo dun "yeoman" local (un granxeiro). Telander non era apreciado por Linné quen máis tarde escribiría na súa autobiografía que Telander "era mellor extinguindo o talento dun neno que desenvolvéndoo".Blunt, Wilfrid, páx. 15–16 Dous anos despois de que comezase o ensino foi enviado ao Instituto elemental en Växjö. Linné raramente estudaba, en cambio ía decote ao campo para buscar plantas. Con todo conseguiu chegar ao último ano da escola elemental cando tiña quince anos. Este curso era impartido polo director de escola primaria, Daniel Lannerus, quen estaba interesado pola botánica. Lannerus decatouse do interese de Linné pola botánica e deulle clases no seu xardín. Tamén lle presentou a Johan Rothman, que era o doutor estatal de Småland e profesor no gymnasium de Växjö. Rothman, que para ser doutor naquela época tamén era botánico, profundou o interese de Linné pola botánica e axudouno a desenvolver o interese pola medicina.Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 5–6
En 1724 logo de pasar os últimos sete anos no instituto, Linné entrou no Gymnasium de Växjö. No Gymnasium estudábase principalmente teoloxía, grego, hebreo e matemáticas, un currículo deseñado para alguén que aspirase a ser sacerdote.Blunt, Wilfrid, páx. 16–17 No último ano no Gymnasium, Nils, o pai de Carl Linné, visitouno para preguntar aos seus profesores como estaban progresando os estudos de Linné; para a súa sorpresa a maioría deles díxolle que "Linné nunca sería un bo estudante". Con todo, Rothman estaba convencido e suxería que Linné podería ter un futuro en medicina. Rothman tamén se ofreceu a dar casa a Linné en Växjö e ensinarlle fisioloxía e botánica. Nils moi agradecido aceptou esta oferta.Blunt, Wilfrid, páx. 17–18Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 8–11
Universidade miniatura|Estatua na Universidade de Lund. miniatura|Descrición da polinización en Praeludia Sponsaliorum Plantarum (1729). Lund Rothman mostrou a Linné que a botánica era un tema serio e non un simple entretemento. Ensinaba a Linné a clasificar plantas segundo o sistema de Tournefort. Linné tamén se formou sobre a sexualidade das plantas segundo Sébastien Vaillant. En 1727 Linné, con 21 anos, matriculouse na Universidade de Lund en Escania.Blunt, Wilfrid, páx. 18Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 13 Linné tivo titoría e aloxamento do doutor local Kilian Stobaeus. Alí podía usar a biblioteca do doutor, que tiña moitos libros sobre botánica, e contaba con acceso libre ás conferencias que impartía o propio Stobaeus.Blunt, Wilfrid, páx. 21–22Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 14-15 Nos seu tempos libres, Linné exploraba a flora de Escania xunto cos estudantes que compartían os mesmos intereses.
Uppsala En agosto de 1728 Linné decidiu marchar á Universidade de Uppsala por consello de Rothman quen cría que sería a mellor elección tanto se Linné quería estudar medicina como botánica. Rothman baseaba esta recomendación nos dous profesores que ensinaban na facultade médica de Uppsala: Olof Rudbeck o mozo e Lars Roberg. Tanto Rudbeck como Roberg foran bos profesores, pero naquela época xa eran maiores e estaban pouco interesados en ensinar. Rudbeck, por exemplo, deixou de dar conferencias ao público, e permitía que outras persoas menos preparadas o fixesen por el. Así as conferencias de botánica, zooloxía, farmacoloxía e anatomía non se impartían no seu mellor nivel.Blunt, Wilfrid, páx. 23–25 En Uppsala, Linné atopou un novo benfeitor, Olof Celsius. Olof era un profesor de teoloxía e un botánico afeccionado.Blunt, Wilfrid páx. 31–32 Olof recibiu a Linné na súa casa e deulle entrada na súa biblioteca, que era unha das bibliotecas botánicas máis completas de Suecia.Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 19–20
En 1729 Linné escribiu a tese Praeludia sponsaliorum plantarum sobre a sexualidade das plantas. Isto chamou a atención de Olof Rudbeck quen en maio de 1730 seleccionou a Linné para empezar a dar conferencias na universidade, aínda que Linné era só un estudante de segundo ano. As conferencias eran moi populares e Linné podíase atopar falando para unha audiencia de 300 persoas.Blunt, Wilfrid, páx. 32–34 En xuño Linné trasladouse da casa de Celsius á casa de Rudbeck para facer de titor e ensinar aos tres fillos máis pequenos dos 24 que tiña. A súa amizade con Celsius non diminuíu e continuaron indo xuntos a expedicións botánicas.Blunt, Wilfrid, páx. 34–37 Durante aquel inverno Linné empezou a dubidar do sistema de clasificación de Tournefort, e decidiu crear un propio. O seu plan consistía en dividir as plantas polo número de estames e pistilos. Comezou a escribir unhas cantas anotacións que máis tarde se converterían en libros, por exemplo Generalitat plantarum e Critica botanica. Tamén produciu o libro Adonis Uplandicus relativo ás plantas cultivadas no seu xardín.Blunt, Wilfrid, páx. 36–37
O anterior axudante de Rudbeck, Nils Rosén, regresou á Universidade en marzo de 1731 xa graduado en medicina. Rosén empezaba a dar conferencias de anatomía e intentaba apropiarse das conferencias de botánica de Linné, cousa que Rudbeck evitou. Ata decembro Rosén fixo a titoría de Linné en medicina. En decembro, Linné tivo un "desacordo" coa muller de Rudbeck e tivo que irse fóra da súa casa, aínda que a relación con Rudbeck parece que quedou indemne. Aquel Nadal Linné regresou a casa en Stenbrohult para visitar os seus pais por primeira vez en aproximadamente tres anos. Os sentimentos da súa nai por el arrefriáranse desde que decidira non converterse en sacerdote pero sentiuse satisfeita cando viu que estaba ensinando na Universidade.Anderson, Margaret J., páx. 40
Expedición a Laponia miniatura|200px|dereita|Linné co traxe tradicional dos saamis en Laponia.
Na visita de Linné aos seus pais explicoulles o seu plan para viaxar a Laponia, entón practicamente descoñecida, unha viaxe que Rudbeck fixera unha vez pero os resultados foran destruídos nun incendio en 1702. A esperanza de Linné era atopar novas plantas, animais e posiblemente valiosos minerais. Tamén sentía curiosidade polos costumes dos nativos saami, uns pastores de renos nómades que deambulaban polas grandes tundras de Escandinavia. En abril de 1732 outorgóuselle a Linné unha subvención da Real Sociedade de Ciencias de Uppsala para custear a expedición.Anderson, Margaret J., páx. 42–43Blunt, Wilfrid, páx. 38