Sergio Llull Melià, nado o 15 de novembro de 1987 en Maó, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Mide 1,92 metros, pesa 95 kg e pode xogar nas posicións de base e escolta.

Traxectoria Llull comezou xogando nas canteiras do La Salle Mahón e do CB i Unió Manresana. Fixo o seu debut na Liga ACB co Bàsquet Manresa na tempada 2005-06, o 8 de xaneiro de 2006. Esa mesma tempada xogou 11 partidos coma cedido no Finques Olesa. Á seguinte tempada estivo de volta no Manresa, e en maio de 2007 fichou polo Real Madrid. En 2010, Llull estendeu o seu contrato co Real Madrid ata o ano 2014.

Foi elixido polos Denver Nuggets na 34ª posición do Draft da NBA de 2009. Os Houston Rockets mercaron os seus dereitos por unha cantidade preto dos 2.25 millóns de dólares.Marca.com Sergio Llull es la segunda ronda más cara de la historia del 'draft' de la NBA.

Clubs La Salle Mahón (categorías inferiores) 2005 - 2006: Finques Olesa 2005 - 2007: Bàsquet Manresa Dende 2007: Real Madrid

Palmarés Selección

15px Medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 2004. 15px Medalla de prata no Campionato de Europa Sub-20 2007. 15px Medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia. 15px Medalla de ouro no Eurobasket 2011 en Lituania. 15px Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres.

Club Real Madrid 3 Liga ACB: 2006–07, 2012–13, 2014–15 3 Copa do Rei: 2012, 2014, 2015 3 Supercopa de España: 2012, 2013, 2014 1 Euroliga: 2014–15

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha ACB de Sergio Llull Perfil en RealMadrid.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en Maó Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024