Raza é un filme franquista dirixido por José Luis Sáenz de Heredia que se estreou en 1942. O filme baséase na novela homónima escrita por Francisco Franco co pseudónimo de Jaime de Andrade.
Sinopse O mariño Pedro Churruca morre en Cuba durante a Guerra Hispano-Estadounidense (1898). A súa viúva, Isabel Acuña, educa os seus fillos, que seguen camiños moi diferentes: Isabel casa cun militar, Jaime entra nun convento, Pedro comeza unha carreira política e José, a militar. A Guerra Civil provocará a desintegración da familia.
Personaxes Alfredo Mayo como José Churruca Ana Mariscal como Marisol Mendoza José Nieto como Pedro Churruca Blanca de Silos como Isabel Churruca Rosina Mendía como Isabel Acuña de Churruca Pilar Soler como Espía francés Julio Rey de las Heras como Pai de Pedro Churruca Luis Arroyo como Jaime Churruca Raúl Cancio como Luis Echevarría Manuel Arbó como Señor Echevarría Juan Calvo como Campesiño Vicente Soler como Dr. Vera Fernando Fresno como Padre Palomeque Antonio Armet como Xeneral Vicente Rojo Pablo Álvarez Rubio Comandante francés Fulgencio Nogueras como Adm. Cervera Domingo Rivas como Coronel Manuel Soto como Almirante da base Pablo Hidalgo como Don Luis Ignacio Mateo como Coronel Pardo Antonio Zaballos como Sacerdote Santiago Rivero como Capitán de enxeñería Luis Latorre como Dr. Gómez Ulloa Horacio Socías como Padre prior Erasmo Pascual como Miliciano #1 Joaquín Regúlez como Voluntario Raza Zarnad como Voluntario
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1942 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por José Luis Sáenz de Heredia Categoría:Filmes sobre a guerra civil española Categoría:Filmes sobre o franquismo