Eugénio Outeiro Lojo, nado na Illa de Arousa en abril de 1976, é un escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi membro da directiva da AGAL baixo a presidencia de Valentim Rodrigues Fagim. Actualmente traballa como profesor de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Publicou poemas en diversas revistas como Ólisbos, Agália ou Sítio. Desde o 2003 mantén o blog Intra! que posteriormente mudou ao seu propio dominio.

Obra Poesía Às vezes vida (2002). Ateneo de Pontevedra. Mordida (2012). Através Editora. Réquiem (2026). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-781-5. ePub: ISBN 978-84-1110-782-2.

Tradución O que é o Zen? Introdução prática à meditação zen, de Dokushô Villalba (2015). Através.

Obras colectivas O Trazo Aberto (2002). Deputación de Pontevedra. A Boca no Ouvido de Alguém: Corpo-Identidade-Língua (2023). Através.

Premios

2025: Premio de poesía Johán Carballeira por Réquiem.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do seu libro Mordida en Através Editora Biografía no seu blog, Intra!

Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na Illa de Arousa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela