Concha Rodríguez Pérez, coñecida como Concha Rousia, nada en Covas (Os Blancos) en 1962, é unha psicóloga e escritora galega.

Traxectoria Cursou estudos de Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, e tras completar un mestrado en Terapia Familiar na Universidade de Maryland (Estados Unidos), exerce como psicóloga clínica nas proximidades de Santiago.

Ten publicado poemas e relatos en diversas revistas como Agália ou A Folha da Fouce, e en medios como Vieiros. Foi unha das fundadoras da revista cultural A Regueifa. Fai parte da Academia Galega da Língua Portuguesa, colaborando tamén co Instituto Cultural Brasil-Galiza.

Obra Narrativa As sete fontes, 2005, Arcosonline, Arcos de Valdevez, edición en Internet.

Literatura infanto-xuvenil Nântia e a cabrita d’ouro, 2012, Através Editora.

Poesía Se os carvalhos falassem, 2016, Através.

Obras colectivas Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.

Premios Gañadora do Certame de Narrativa Curta do Concello de Marín no 2004, por Segredo de confissão.Concha Rodríguez Pérez, de Brión, gana el Premio de Narración Corta

Gañadora do Certame Literário Feminista do Condado no 2006. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Blog da autora, República da Rousia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados nos Blancos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Psicólogos de Galicia