Galicia Liberal foi un periódico editado en Santiago de Compostela de 1885 a 1886.
Historia e características Subtitulado Periódico independente, apareceu en agosto de 1885.El Correo Gallego, 31-7-1885, p. 2. Saía dúas veces á semana. O seu director era Adolfo Vázquez Gómez. Incluía noticias locais e de carácter xeral e poesías e folletíns. O seu director foi detido e despois indultado en decembro de 1885.El Ciclón, 12-12-1885, p. 2. En xaneiro de 1886 foi substituído na dirección por Alfredo Ubiña.Gaceta de Galicia,22-1-1886, p. 3. Cesou a súa publicación en febreiro de 1886, sendo substituído por Galicia Democrática.El Correo Gallego, 9-3-1886, p. 1.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1885 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos