tamén coñecido como , é un personaxe ficticio do manga e anime Naruto, creado por Masashi Kishimoto. Kishimoto creou a Gaara para que fose un personaxe que se polarizara co protagonista da serie, Naruto Uzumaki, xa que ambos personaxes naceron en circunstancias semellantes, pero desenvolveron personalidades bastante diferente debido a que medraron nun ambiente con múltiples problemas.
Tanto no manga como no anime, Gaara é un ninja pertencente á Aldea Oculta da Area, ademais de ser o fillo do antigo líder de dita aldea, o Cuarto Kazekage. Mentres se atopaba no ventre da súa nai, o seu pai intentou convertelo nunha arma humana mediante a introdución dunha besta con cola. Como consecuencia, foi rexeitado polos aldeáns da súa aldea, o que posteriormente o levou a converterse nun asasino desapiadado, matando a calquera sen ningún remorso, ó igual que trataba ós seus irmáns, Kankurō e Temari, con desprezo. Porén, a súa batalla contra Naruto permitiu que cambiase o seu punto de vista, polo que comezou a axudar ós demais para emular a actitude de Naruto. Durante a segunda parte da serie, Gaara convértese no Quinto Kazekage da súa aldea. Gaara tamén apareceu en diversos medios relacionados con Naruto, incluíndo a segunda película baseada na serie, así como a terceira animación orixinal e múltiples videoxogos.
Numerosas publicacións adicadas ó anime e manga comentado respecto ó personaxe. IGN comentou que a disparidade entre Naruto e Gaara parecía «emocionante» e «un pouco arrepiante». Anime News Network mencionou que a batalla entre Naruto e Gaara foi o punto máis crítico e importante de toda a serie. De acordo coa base de datos sobre os lectores de Naruto, Gaara logrou ser popular, colocándose en posicións altas en diversas enquisas, chegando a acadar posicións entre os dez primeiros postos. Asemade, variedades de pezas mercadotécnicas baseadas na aparencia de Gaara foron lanzadas á venda, dos que se inclúen peluches e chaveiros.
Creación e concepción Masashi Kishimoto, o autor da serie de Naruto, creou a Gaara como un doppelgänger do protagonista, Naruto Uzumaki, así como para marcar un contraste entre ambos personaxes. El e Naruto posen certas similitudes en cuanto ó seu pasado, xa que foi rexeitado polos aldeáns debido a que é o jinchūriki do bijū Shukaku, unha cuestión que Kishimoto describe como «moi semellante á de Naruto». O desenvolvemento do estado emocional de Gaara, o cal consistiu en pasar de ser un neno cariñoso e tímido a ser un personaxe sádico e retraído, o autor realizouno coa intención de crear unha simpatía polo personaxe con respecto ós seus lectores, pois é contrastado coa actitude alegre e problemática que adquiriu Naruto. Ademais, o seu deseño foi fíxose pensando en asemellalo a un tanuki, pois Kishimoto pensou que iso o faría un bo rival para o Kyūbi que contén Naruto, posto que varias características do foron consideradas por Kishimoto como opostas ás do Kyūbi. A historia do pasado de Gaara volveuse unha das favoritas do mangaka na primeira parte, e mesmo revisou varias veces as ilustracións en tales capítulos, pois quería que os lectores entenderan mellor o estado mental de Gaara.
Personalidade
150px|miniatura|esquerda|Gaara ten uns marcadas sinais de insomnio, xa que non pode durmir profundamente ou o Shukaku tomaría o control da súa personalidade.
Co paso do tempo, Gaara adquiriu un comportamento sádico e unha extraordinaria sede de sangue. O seu impulso por matar é unha das súas principais características ó comezo da serie. Despois do seu ingreso nos «Exames Chūnin», Gaara demostrou pouco interese en dita proba, pero aínda mantiña a necesidade de matar ou ferir gravemente a calquera que se cruzase no seu camiño. Mentres combate a diversos opoñentes poderosos durante o proceso dos exames, Gaara comeza a crer que debe matar a calquera que perciba como máis forte que el, xa que «serían unha ameaza para a súa supervivencia».
A busca de Gaara por combater inimigos poderosos permítelle cruzarse no camiño de Naruto Uzumaki. Recoñecendo que Naruto é un opoñente formidable, Gaara ameaza a vida dun dos seus compañeiros para obrigalo a pelexar. Así, intenta facer da pelexa un concurso para ver que filosofía é a correcta, posto que Gaara cre que se debe pelexar só por un mesmo, mentres que Naruto pensa todo o contrario. No proceso, Naruto derrota a Gaara e como resultado diso, este último adquire a perspectiva de Naruto, crendo que pelexar polos demais permite producir unha maior enerxía e forza, en vez de pelexar por un mesmo. Por tal razón, Gaara fai as paces cos seus compañeiros e coas persoas que afastara da súa vida. Ó mesmo tempo, a característica principal de Gaara transfórmase nun desexo por protexer a cantas persoas poida, facendo isto para lograr atopar a verdadeira forza. Esta transformación culmina cando substitúe o posto do seu pai, chegando a ser o Kazekage de Sunagakure durante a segunda parte da serie e sostén que o seu maior anhelo é dar a vida polos habitantes da súa aldea.
Notas
Categoría:Personaxes de Naruto