Kosmos 106 (Космос 106 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 25 de xaneiro de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.
Características Kosmos 106 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi o único satélite DS-P1-I lanzado por un foguete Kosmos 2M e foi inxectado nunha órbita inicial de 564 km de apoxeo e 290 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 92,8 minutos.
Kosmos 106 reentrou na atmosfera o 14 de novembro de 1966.
Notas
Véxase tamén Outros artigos DS-P1-I
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1-I