Manuel Pavón Castro, coñecido como Lolo Pavón, nado en Santa Fe (Granada) o 27 de febreiro de 1984, é un futbolista profesional español que actualmente xoga no Fuenlabrada.

Traxectoria Iniciouse futbolisticamente no equipo da súa localidade natal, Santa Fe,Manuel Pavón, desexado para pasar posteriormente ás categorías inferiores do Granada CF, Abandonou o club en idade xuvenil para xogar na División de Honra da categoría co CD Logroñés, logo co Real Madrid e, finalmente, no Club Deportivo Numancia. A tempada 2005-06 xogou na Terceira División co filial soriano.

Durante o mercado de inverno da tempada 2006-07 o club soriano cedeuno ao Granada CF, en Segunda B, até final de tempada. Pavón, con todo, non tivo sorte no seu regreso ao club granadino e dispuxo de poucos minutos de xogo.

Na tempada 2007-08 regresou ao CD Numancia para formar parte do primeiro equipo. Esa campaña foi un dos habituais nas aliñacións do club que logrou o campionato de Segunda División e o consecuente ascenso a Primeira. O 26 de outubro de 2008 debutou na máxima categoría, ante o Racing de Santander, en Los Pajaritos.

Tralo descenso dos numantinos ao ano seguinte á división de Prata,Calidade e polivalencia Pavón continuaría xogando no equipo soriano até a tempada 2011-12. Tras finalizar o seu contrato co equipo castelán, viaxa a Lugo para adestrar co equipo de Quique Setién a proba, anunciando que finalmente asinará co equipo albivermello para continuar a xogar na Segunda División.

Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles2006-2007Granada CFSegunda B1112007-2008CD NumanciaSegunda2902008-2009CD NumanciaPrimeira1302009-2010CD NumanciaSegunda1502010-2011CD NumanciaSegunda3202011-2012CD NumanciaSegunda2202012-2013CD LugoSegunda3202013-2014CD LugoSegunda3802014-2015CD LugoSegunda2912015-2016SD PonferradinaSegunda201

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada